Seguimos loitando polo ensino público e inclusivo de calidade !

Estimadas familias e comunidade educativa,
🌟Onte comezou a semana cunha nova concentración diante do colexio, o terceiro luns consecutivo dende que iniciamos as reivindicacións para que a Xunta dote de máis persoal docente ó noso colexio. Vídeo1 e vídeo 2
🌟 Tralo éxito da “Andaina por un ensino público de calidade”, xa estamos a preparar unha nova actividade de protesta para o próximo domingo 19 de outubro.
📢📢📢 Estade atent@s: teredes máis novas proximamente!
Ademais, esta semana a ANPA xa ten previstas dúas importantísimas citas:
📅 Na Casa do Concello, onde o Alcalde de Oleiros, Angel García Seoane, e a Concelleira de Ensino, María José Santos Zas, recibirán a membros da Xunta Directiva da ANPA Valle Inclán, tras solicitar unha entrevista para tratar a situación do profesorado do noso colexio.
📅 No Parlamento de Galicia, onde unha delegación da ANPA Valle Inclán asistirá á Tribuna de convidados, trala invitación por parte do BNG. O grupo político levará ó pleno parlamentario as solicitudes de melloras en materia de ensino e se falará específicamente do noso colexio.
Seguimos loitando polo ensino público de calidade e a educación inclusiva da nosa cativada!
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán