"Polos nenos traballamos, porque os nenos son os que saben querer,
porque os nenos son a esperanza do mundo".
José Martí
A Asociación de Nais e Pais Valle Inclán está formada por familias de alumnado escolarizado no CEIP Ramón María del Valle Inclán que desexan asociarse. Calquera familia con fillos e fillas escolarizados no CEIP pode facerse socia.
O prezo da cota para asociarse á ANPA é de 35 €/curso por familia, independentemente do número de fillos e fillas con matrícula no centro. Para desfrutar dos servizos xestionados pola asociación, é imprescindible ser familia socia da mesma. Do mesmo xeito, para ser familia socia non é preciso ser usuaria dos servizos da ANPA.
A Xunta Directiva da ANPA está formada por un grupo de nais que traballan voluntariamente representando ó resto das familias. As tarefas e funcións na Xunta directiva están repartidas entre os cargos que son elixidos en asemblea: presidencia, vicepresidencia, secretaría, tesourería e vogais. Ademáis, unha representante da xunta directiva forma parte do Consello Escolar.
O CEIP pon a disposición da ANPA un local no colexio no que se centraliza a actividade. O local está no edificio de infantil, na entrada, a carón da conserxería.
Podedes contactar coa ANPA a través do correo electrónico valleinclananpa@gmail.com ou no teléfono 616 135 634.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Sempre movéndose cun sorriso