Obradoiro: Máis alá do comportamento

A AFA Nós Oleiros, en colaboración co Concello de Oleiros e coa subvención das áreas de Cultura, Normalización Lingüística, Ensino e Xuventude, organiza un obradoiro aberto a todas as familias das ANPAs de Oleiros interesadas en participar.
📅 Data: 14 de outubro de 2025
🕠 Hora: de 17:30 a 19:30
📍 Lugar: Centro Cultural e Museo de Oleiros – As Torres
No taller falaremos sobre como comprender mellor certas dificultades que aparecen na infancia:
- Por que ás veces lles custa concentrarse, se caen con frecuencia ou teñen rabietas constantes.
- Por que rexeitan lavar os dentes, comer certos alimentos ou lles custa durmir ben.
Contidos do obradoiro
- Que é a integración sensorial e como inflúe na vida diaria.
- Sinais de alerta que poden observarse no fogar ou na escola.
- Estratexias para favorecer entornos reguladores e previr o malestar.
- Efectos do exceso de actividades e pantallas na infancia.
- A importancia do xogo como ferramenta de desenvolvemento.
- Que profesionais poden axudar e como se traballa dende a terapia ocupacional.
👩🏫 Contaremos coa participación do equipo de Centro HITOS – Terapeutas Ocupacionais.
👉 Actividade gratuíta e aberta, ata completar aforo.
