Proxecto de doazón e préstamo de libros da ANPA Valle Inclán

Que é?

A ANPA Valle Inclán, en colaboración co centro escolar, xestiona o banco de doazón e préstamo de libros que serve para completar a bolsa de libros de texto da Xunta que reciben as familias. 

Co banco de libros de texto preténdese proporcionar unha medida de apoio ás familias reducindo os seus gastos, mediante a cal poderán conseguir algúns ou todos os textos escolares das súas crianzas en calidade de préstamo.

Os de 1º e 2º de Educación Primaria son libros funxibles (escríbese neles) polo que non entran neste banco solidario.

Os libros de 3º EP entraron novos o pasado curso 2022-2023 e este ano non houbo demasiadas doazóns, polo que a ANPA non conta con moitos exemplares. Agardamos que no vindeiro curso haxa mais doazóns para que todas as familias poidan beneficiarse desta gran axuda.

O CEIP fixo un cambio editorial dos libros de 4º EP para o curso 2023-2024, polo que a ANPA aínda non conta con eles. Haberá que agardar ás doazóns das familias a final de curso.

O número de familias beneficiadas pola xestión do banco de libros da ANPA no curso 2022-23 foi de 50 (40 familias socias da ANPA e 10 que non eran socias).


Como se organiza?

-    Cubrir e entregar o impreso de adhesión/petición do Banco de Libros facilitado polo centro ao final de cada curso.

-    Os libros doados ou devoltos son recollidos dacordo establece o CEIP Ramón María del Valle Inclán de Oleiros.

-    Unha vez os libros son entregados á ANPA, serán revisados, xunto cos impresos, e procédese á adxudicación dos exemplares.

-  Unha vez adxudicados, comunícase ás familias cando se fará o reparto dos exemplares.

De cara ó vindeiro curso 2023-2024 as familias poderán recollelos en setembro, coincidindo co reparto dos libros da xunta por parte do CEIP:


Prioridade de adxudicación e regulamento

1. Ser familia socia da ANPA Valle Inclán.

2. Devolver ou doar libros.

3. Os libros débense devolver nas mesmas condicións que se retiran.

4. Se algún libro se perde ou rompe, deberá ser reposto polo alumnado.

5. Os libros recolleránse ó finalizar o curso escolar.

6. Queda prohibido subliñar, raiar ou pintar os libros.

7. Os libros novos débense forrar.


POÑAMOS TODOS UN POUCO DA NOSA PARTE PARA PODER GOZAR DOS LIBROS NO MELLOR ESTADO POSIBLE.  A RESPONSABILIDADE É COUSA DE TODOS.
MOITAS GRAZAS POLA VOSA COLABORACIÓN! TODOS XUNTOS FACEMOS O BANCO POSIBLE!