Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISA

Convocatoria – Andaina polo ensino público de calidade

October 8, 2025 at 11:37 pm, No comments

Estimadas familias, medios e representantes municipais:

Desde a ANPA Valle Inclán convocamos a toda a comunidade educativa a participar este domingo 12 de outubro ás 12:00 h na Andaina polo ensino público de calidade, unha marcha reivindicativa que sairá do Monumento aos Avós (Parque José Martí), pasará pola rotonda do Che e rematará no CEIP Ramón María del Valle Inclán.

📣 NO NOSO COLEXIO FALTAN MESTRES.
Temos unha oportunidade de conseguir que a Xunta solucione esta situación. Se non actuamos agora, os nosos nenos e nenas afrontarán un curso con menos medios ca en anos anteriores, poñendo en risco unha educación inclusiva e de calidade, con perda de días lectivos e impacto na atención á diversidade, no reforzo nas aulas e nos proxectos didácticos (biblioteca, sección bilingüe, informática, robótica, horto, excursións, etc.).

Para darlle colorido, visibilidade e ilusión aos máis pequenos, animamos ás familias a que os nenos e nenas veñan disfrazados de superheroe (ou do que queiran), cunha camisola ou capa na que poidan levar mensaxes reivindicativas como “Sen mestres, nin os superherois poden voar” ou “Superheroe si, pero necesito reforzos”. Queremos que a marcha sexa tamén unha celebración colectiva pola defensa do ensino público e pola unión da nosa comunidade educativa.

Esta andaina é unha das últimas accións previstas, polo que a vosa participación é clave. Canto máis se nos vexa e escoite, máis forza terá a nosa demanda.

💪 Animámosvos a vir en familia e apoiar o noso colexio.
Entre todos e todas, podemos conseguir un ensino público de calidade para o noso alumnado.

Grazas pola vosa colaboración e implicación,

Captura_de_pantalla_2025-10-08_232835.jpg

No comments

Leave a reply







Recent Posts

  • Seguimos loitando polo ensino público e inclusivo de calidade !
    14 Oct, 2025
  • Nova concentración diante do colexio luns 13 de outubro
    12 Oct, 2025
  • Andaina por un ensino público de calidade. MANIFESTO
    12 Oct, 2025
  • Convocatoria – Andaina polo ensino público de calidade
    8 Oct, 2025
  • Falta de profesorado no CEIP Ramón María del Valle Inclán
    6 Oct, 2025
  • Nova concentración luns 6/10/2025 15:45 h.
    3 Oct, 2025
  • Obradoiro: Máis alá do comportamento
    1 Oct, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more