Nova concentración diante do colexio luns 13 de outubro
October 12, 2025 at 9:50 pm
Familias!! Comunidade educativa ó completo!!
Tralo éxito acadado hoxe na Andaina, mañá continuamos coas mobilizacións!!
Por terceiro luns consecutivo, convocámosvos para asistir a unha nova concentración diante do cole ás 15:45 horas e seguir berrando ata que nos escoiten!!
Pregamos a vosa participación activa para visibilizar a grave situación do noso colexio e que cese a vulneración do dereito dos nosos fillos e fillas a unha educación inclusiva e de calidade.
Neste centro faltan mestres!!
Dereito a unha educación pública de calidade!!
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán