Doazóns e patrocinios

Un dos obxectivos que ten a ANPA é a de mellora os servizos e as dotacións do noso colexio, contribuindo ó benestar de toda a comunidade educativa, pero sobre todo dos nosos fillos e fillas.

A través da asociación, as familias socias disfrutan das subvencións e axudas do Concello de Oleiros (para comedor, actividades extraescolares e coordinación) e da Xunta de Galicia (para comedor). Toda a comunidade educativa se beneficia tamén das subvencións do Concello de Oleiros para o desenrolo de actividades en colaboración co CEIP, a través do equipo docente, do departamento de orientación e da biblioteca escolar.

Se ti tes a posibilidade de realizar unha doazón xa sexa en materiais, equipamento ou para financiar algún proxecto en concreto, podes poñerte en contacto con nós.

Tamén podes contribuír connosco no patrocinio da páxina web, nas redes sociais, proxectos educativos, actividades extraescolares...