Benvidos ó CEIP Ramón María del Valle Inclán!

Queremos un colexio onde o obxectivo prioritario sexa o desenvolvemento integral da persoa nas súas dimensións física, afectiva, intelectual, ética e social. Un centro onde a Comunidade educativa comparta uns valores comúns para a vida e a convivencia: xustiza, solidariedade, igualdade, saúde, liberdade, tolerancia, respecto, paz, responsabilidade. Un espazo que sexa un lugar de traballo e formación agradable onde ninguén se sinta discriminado, participativo, aberto ó entorno, onde cada un dos membros da comunidade desenvolva o seu traballo  con responsabilidade para conseguir os obxectivos comúns que nos marcamos. Un colexio onde a integración siga a ocupar un lugar privilexiado, de xeito que a cativada poida atopar o seu espazo propio. En definitiva, un centro onde se ensine e se aprenda a ser persoa, a aprender a aprender e a convivir.

Blog do colexio

Web colexio