Como familia socia podedes disfrutar dos servizos xestionados pola ANPA e participar activamente na toma de decisións da asociación. Ademais, ó inscribirte contribúes a que se poidan desenrolar moitos outros proxectos e actividades no noso colexio. Xuntos facemos o camiño!
Para inscribirvos como familia socia teredes que seguir os seguintes pasos (aquí vos deixamos un VIDEO TUTORIAL):
INSTRUCIÓNS
PARA NOVAS ALTAS
Acceder a través da web https://anpavalleinclan.miampa.com/ ou descargando a aplicación MiAMPA en Play Store ou App Store (neste caso precisaredes o código de asociación 67C65 para descargala).
Esta plataforma empregarase para rexistrarse como familia socia e para acceder ás inscricións das actividades extraescolares. Lembrade que no caso dos servizos de mañanceiros, comedor e cambiadores, as inscricións faranse a través da plataforma de Jardanay (aberto o prazo ata o 30/08/2025).
*Enlace Guía informativa Jardanay
É importante mencionar que a conta de MiAMPA é por Familia.
*As familias separadas ou divorciadas deben acordar quen xestionará a conta de MiAMPA xa que só se pode iniciar sesión cun só enderezo electrónico. Hai familias nesta situación que crean un novo correo electrónico que comparten para que ambos podan acceder á web ou aplicación.
IMPORTANTE: non se pode acceder co enderezo electrónico do TITOR 2.
PASOS A SEGUIR
1. REXISTRAR A UNIDADE FAMILIAR (ambos proxenitores ou titores legais e os menores escolarizados no centro).
2. PAGO COTA DE FAMILIA SOCIA de 35€ ANUAIS que se fará mediante transferencia bancaria na conta do Santander ES4702388114310603244769.
*O resgardo da mesma deberase enviar ó correo electrónico valleinclananpa@gmail.com.
Unha vez recibida a confirmación do rexistro na plataforma xa poderemos acceder como usuarios.
A través da icona dos tres puntos (marxe dereita da pantalla) sae un menú despregable onde podemos visualizar os datos de usuario, fillos/as, tarxeta socio...entre outros.
3. Unha vez realizado o pago accederemos ó apartado "PAGA A TAXA DE AFILIACIÓN" e aceptaremos o aviso legal, termos e condicións de uso. O pagamento será validado pola Directiva da Anpa nas seguintes horas e xa seremos familia socia da ANPA.
4. CAPTURA DA TARXETA SOCI@ VIRTUAL. Picando no menú despregable da marxe dereita (IMPORTANTE para facer as inscricións en extraescolares empregaremos a do alumn@)
5. FACER A INSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (menú esquerda Actividades Extracurriculares). Cada actividade ten a información así como o enlace ao formulario de inscrición.
IMPORTANTE: CALQUEIRA DÚBIDA, ALTA, BAIXA OU MODIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEBEN XESTIONARSE DIRECTAMENTE COAS EMPRESAS QUE AS IMPARTEN.
INSTRUCIÓNS PARA A RENOVACIÓN DE FAMILIAS SOCIAS
PASOS A SEGUIR
1. PAGO COTA DE FAMILIA SOCIA de 35€ ANUAIS que se fará mediante transferencia bancaria na conta do Santander ES4702388114310603244769. O resgardo da mesma deberase enviar ó correo electrónico valleinclananpa@gmail.com.
2. Unha vez realizado o pago accederemos ó apartado "PAGA A TAXA DE AFILIACIÓN" e aceptaremos o aviso legal, termos e condicións de uso. O pagamento será validado pola Directiva da ANPA nas seguintes horas e xa seremos familia socia da ANPA.
3. CAPTURA DA TARXETA SOCI@ VIRTUAL. Picando no menú despregable da marxe dereita (IMPORTANTE para facer as inscricións nas extraescolares empregaremos a do alumn@)
4. FACER A PREINSCRICIÓN NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES (menú esquerda Actividades Extracurriculares). Cada actividade ten a información así coma o enlace ao formulario de inscrición.
IMPORTANTE: CALQUEIRA DÚBIDA, ALTA, BAIXA OU MODIFICACIÓN DAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEBEN XESTIONARSE DIRECTAMENTE COAS EMPRESAS QUE AS IMPARTEN
Moitas grazas pola vosa colaboración.