Comisións de participación na ANPA

As comisións de traballo son espazos abertos á participación activa de tod@s os/as socios/as. Están formadas por nais e pais da asociación que se unen para dar resposta a distintas inquietudes por mellorar o noso cole. Coordinados por membros da Xunta Directiva estruturásense en Grupos de Traballo e Voluntariado, traballando de forma transversal coas diferentes comisións.
  • Comisión Conciliación familiar: O obxectivo neste grupo é proporcionar unha alternativa atractiva para aqueles días laborables que non son lectivos. Tamén para seguimento do Comedor, control Aula mañanceir@s e das actividades extraescolares.


  • Comisión Eventos: Festas, apoio ás exposicións e/ou actividades das diversas extraescolares, eventos deportivos, porpor e organizar saídas e plans de lecer para as familias, así como de colaborar nas festas que se realizan no cole.


  • Comisión Comunitaria: Crear un banco solidario non só de libros, senón de doazóns ou trocos entre as familias, afianzar os lazos comunitarios e ser un referente de axuda integral.


  • Comisión "Alza o puño e ven": Esta comisión reflicte o espírito "Si non queres caldo, toma dúas cuncas". Serve para reivindicar peticións ou iniciativas nas que creemos e queremos que leven a cabo. Prensa, manifestacións, redes sociais, e


  • Comisión arranxos e melloras: Realización dunha análise pormenorizada da situación actual do Colexio e da súa contorna, con criterios relacionados coa funcionalidade, seguridade, accesibilidade, protección ambiental, salubridade, aforro enerxético e sustentabilidade. O cumprimento destes requisitos serviranos para expor melloras tanto dos espazos como das súas instalacións.

  E recordade que non precisamos moito de ninguén, cun poquichiño de cada un/unha será máis que suficiente!