Nova concentración luns 6/10/2025 15:45 h.
Estimadas familias,
O próximo luns 6 de outubro a partir das 15:45 horas continuaremos coas protestas diante do noso colexio, dado que a Xefatura Territorial segue sen dar unha solución ó grave problema de falta de profesorado do CEIP Ramón María del Valle Inclán que afecta a toda a cativada do centro escolar.
Tal e como se acordou na última asemblea de familias socias, a Xunta Directiva da ANPA Valle Inclán está en contacto con outras ANPAs do Concello que están a atravesar situacións similares, como a ANPA Nós do CEIP Juana de Vega e a ANPA do CEIP Luis Seoane. A nosa intención é organizar mobilizacións conxuntas.
O Concello de Oleiros amosou dende o inicio o seu firme respaldo ás nosas reivindicacións.
Ademais, xa foron rexistradas no Parlamento Galego as nosas demandas co apoio do BNG e esperamos contar co respaldo de máis grupos parlamentarios.
Seguimos dando conta ós distintos medios de comunicación das necesidades de persoal docente no colexio. Nas seguintes ligazóns podedes consultar algunhas destas novas.
Seguiremos informándovos de cada paso.
De momento, ídevos preparando para berrar o próximo luns diante do colexio RECORTES NON! Podedes traer as vosas pancartas e cacerolas! Contamos con todos vós o luns 6 de outubro ás 16:45 horas!
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán