Asemblea extraordinaria mércores 20/5/2026

Estimadas familias,
Lembrade que mañá 20 de maio celebrarase a asemblea de familias socias.
Será ás 16.00 horas en 1ª convocatoria e ás 16.30 en 2ª convocatoria, no Comedor escolar.
Abordaremos moitos temas de interese, como son o campamento de verán, as actividades extraescolares ou o servizo de comedor.
Tamén trataremos do programa E-Dixgal, un tema que preocupa moito ás familias.
A ANPA invitou formalmente ó Equipo Directivo e a representantes do Claustro a participar nesta asemblea para detallar o uso de E-Dixgal no colexio.
Aínda que declinaron a nosa invitación por estar ocupados co final de curso, tentaremos informarvos convenientemente sobre esta cuestión.
Lembrade que, ademais da presentación da memoria anual e a tradución dos estatutos, tamén trataremos unha cuestión de moita importancia para a asociación, como é a próxima renovación dos cargos da Xunta Directiva da ANPA.
Tedes toda a información relativa á asemblea na web da ANPA, na seguinte ligazón:
https://anpa-valle-inclan.mozello.com/quenes-somo/asembleas/
Animádevos a participar. Agardamos a vosa presencia.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Gran estrea "IRMÁS"
E-Dixgal prorrógase dous cursos por decisión do Claustro

Estimadas familias,
Onte tivo lugar a xuntanza do Claustro de mestres e mestras onde foi aprobada por maioría a prórroga do programa E-Dixgal no noso colexio.
Na posterior xuntanza do Consello Escolar xa non tivemos oportunidade de someter a votación a medida entre as representantes da ANPA, das familias, do Concello, representantes do persoal docente e non docente e o Equipo Directivo.
Previamente a ámbalas dúas xuntanzas, enviamos unha carta subscrita polas representantes das familias e a representante da ANPA Valle Inclán no Consello Escolar dirixida á totalidade dos membros que constitúen o Claustro e o Consello.
A carta recolle a opinión xeral das familias ás cales representamos e por elo pedimos que fose lida antes das respectivas votacións dos membros dous órganos colexiados en torno á renovación de E-Dixgal, aínda que a votación do Consello xa non se produciu.
Solicitamos tamén que se incorporase a carta e o conxunto das vosas sinaturas (un total de 203 persoas asinaron pola non renovación de E-Dixgal) ás respectivas actas de sesión de onte mércores 6 de maio de 2026 do Claustro e do Consello.
Podedes consultar a carta enviada premendo AQUÍ.
Grazas a todas as familias que se mobilizaron e á implicación e ó interese de todos os que asinastes.
Por un ensino público de calidade.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
🎨 MOSTRA DE PINTURA NosArte, "A Primavera"

📅
Do
8 ao 23 de maio
O
Centro Cultural A Fábrica, en Perillo, acollerá desde o venres 8 ao
sábado 23 de maio a mostra de pintura de NOSARTE denominada “A
Primavera”.
Trátase
dunha exposición de debuxo e pintura realizada polos nenos e nenas
dos CEIP Juana de Vega, Valle Inclán e A Rabadeira e que asisten ás
clases de NosArte; arte e pintura, dirixidas pola profesora Laura
Gualda,
A
exposición inaugurarase o venres 8 de maio ás 20.00 na Fábrica.
O
horario de visita será de luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 17.00
a 21.30 horas e sábados de 10.00 a 13.30 horas.
CAMPAMENTO VERÁN 2026

Queridas familias!!!
Xa é Maio e todos comenzamos a pensar no verán....e na conciliación.....
Chega o campamento de verán 2026, teremos sede no noso colexio.
Toda a información e inscrición na seguiste ligazón :https://forms.gle/N27zwo6BwHzE3NFh8
Calqueira dúbida podedes contactar no seguiste número de teléfono: 647980733
Agardamos que sexa un verán de disfrute!!!
Xunta directiva ANPA Valle Inclán
🧪 CHARLA CIENTÍFICA “Explorando o universo microscópico”

🧪
CHARLA
CIENTÍFICA || “Explorando o universo microscópico” con Elena
Fernández González , graduada en bioloxía pola UDC.
🕑 18:30 h
📌 Biblioteca Rialeda
O venres 8 de maio ás 18:30h terá lugar unha nova charla científica incluídas no programa Ler para Saber, organizado pola Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros en colaboración coa UDC.
Os obxectivos do programa “Ler para saber” son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.
As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.
A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.
Máis información na Biblioteca Rialeda.
6M - Mobilizacións de toda a comunidade educativa galega
Estimadas familias,
O vindeiro mércores 6 de maio a comunidade educativa galega volverá saír á rúa en defensa do ensino público. Farao nunha xornada de mobilizacións convocada en máis de vinte localidades, impulsada por unha rede ampla e plural de ANPAs, colectivos da comunidade educativa, profesorado e estudantado, para reclamar máis medios, máis profesorado e mellores condicións nos centros.
Como non podía ser doutra maneira, desde a ANPA do CEIP Valle Inclán imos participar nesta mobilización e queremos animarvos a acompañarnos nesta convocatoria.É importante porque o que está en xogo non é só a situación dun centro ou dun curso concreto, senón a calidade da escola pública que queremos para as nosas crianzas: unha escola con recursos suficientes, atención digna para todo o alumnado e condicións que permitan ensinar e aprender con normalidade.
No noso cole sabemos ben do que falamos. Ao longo deste curso vivimos en primeira persoa as consecuencias dos recortes e da falta de profesorado, e iso afectou ao día a día do centro e xerou preocupación.
Ademais, sabemos que o profesorado e o equipo directivo tamén están a soportar unha grande carga de traballo e que sofren en primeira persoa as consecuencias dos recortes, da falta de recursos, da necesidade constante de adaptación e mesmo da incorporación de novas esixencias tecnolóxicas sen que sempre vaian acompañadas da formación, do tempo e dos medios necesarios. E, malia todo iso, seguen sostendo o día a día do centro o mellor que poden, tamén nas tormentas.
Por iso cremos que esta mobilización merece o apoio das familias: porque defender o ensino público é tamén defender o benestar do alumnado e das persoas que o sosteñen cada día.
Vémonos o mércores ás 18:00 no parque de Catro Camiños, detrás do Remanso
https://asembleasensino.gal/mobilizacions/
6M - Mobilizacións de toda a comunidade educativa galega

NON prórroga E-Dixgal no cole

Estimadas familias,
Como sabedes, o CEIP Ramón María del Valle Inclán solicitou a súa incorporación ó Proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) en marzo de 2022.
Transcorridos catro cursos dende a implantación do programa, o compromiso de permanencia finaliza este ano.
Maña mércores 6 de maio, o Claustro de mestres e mestras e o Consello Escolar, os dous órganos colexiados do CEIP, votarán a prórroga da permanencia do noso centro no Proxecto E-Dixgal.
Na asemblea de familias socias da ANPA Valle Inclán do pasado 19 de setembro de 2025 aprobouse por unanimidade que o representante da ANPA no Consello Escolar votará a NON prorrogación do programa E-Dixgal no CEIP Ramón María del Valle Inclán.
A ANPA Valle Inclán leva moitos anos promovendo actividades, charlas, faladoiros... para informar a toda a comunidade educativa sobre os efectos do uso das tecnoloxías na infancia e adolescencia. Realizáronse enquisas entre ás familias e abríronse oportunidades de debate nos Consellos Escolares en torno a este tema.
Nas últimas semanas, un numeroso grupo de familias estanse a mobilizar, preocupadas polo impacto na saúde dos nosos fillos e fillas do uso programa E-Dixgal como ferramenta pedagóxica na escola, xa que proporciona ó alumnado a partir de 9 anos ordenadores individuais sen control parental e unha identidade dixital.
Estas familias recollen sinaturas de nais e pais de alumnado para solicitar a NON renovación de E-Dixgal. Xa celebraron unha xuntanza co Equipo Directivo para amosar as súas inquedanzas e buscar o consenso.
A decisión a tomar ten un impacto directo na saúde física e mental dos nosos fillos e fillas, non se trata solo dunha decisión pedagóxica de centro.
Medrar con pantallas non é sinónimo de progreso. A día de hoxe a tendencia de moitos estados, de moitas administracións, dos profesionais da pedagoxía e da psicoloxía... é eliminar a tecnoloxía dixital e as pantallas das aulas e do ámbito familiar, para protexer á infancia e á mocidade de graves prexuízos.
Pero os nosos fillos e fillas non poden esperar a que a Consellería tome a decisión de mellorar estes aspectos.
Para todos nós, a escola debe ser un lugar seguro e saudable para a infancia.
A decisión hai que tomala agora porque os nosos fillos e fillas non esperan, xa están medrando e merecen un ensino público de calidade.
Aínda se están a recoller sinaturas, podedes firmar:
- No colexio (de 7:30 a 18:00 h. no taboleiro fronte o local da ANPA)
- Na oficina de Correos de Perillo (8:30 a 20:30 h., preguntade no mostrador, non é preciso facer cola).
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Charla científica hoxe 10/4/26 en Rialeda: "“CITEECONTO QUE FACEMOS”

🧪 CHARLAS CIENTÍFICAS || “CITEECONTO QUE FACEMOS” con Fernando Martínez Abella, Director Científico do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEC)
📅 Venres 10 de abril
🕛 18:30 h
📌 Biblioteca Rialeda
ℹ O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda hoxe.
Hoxe, 10 de abril ás 18:30h, terá lugar a cuarta das charlas científicas incluídas no programa Ler para Saber, organizado pola Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros en colaboración coa UDC.
Os obxectivos do programa “Ler para saber a ciencia” son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.
As charlas de divulgación científica están dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.
O alumnado de 3º ciclo de primaria do CEIP Ramón María del Valle Inclán participa tamén nesta actividade da man da titora Fina Mosquera Roel.
A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.
Máis información na Biblioteca Rialeda.
Agardamos que sexa do voso interese.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Obradoiro sábado 11 de abril: Sementando bo trato

Dende a ANPA Bidueiro do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, convidan ás familias a participar neste obradoiro sobre educación emocional e mediación: Sementando bo trato.
Levarase a cabo nas Torres de Santa Cruz este sábado 11 de abril a partir das 11h.
🚨Para asistir é necesaria inscrición:
https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2518911
Coa colaboración do Concello de Oleiros.
Agardamos que sexa do voso interese.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Menú comedor escolar terceiro trimestre
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Xornada «NON DEIXEMOS QUE O FUTURO NOS LEVE AO PASADO»

Dende a Deputación da Coruña comparten a celebración da xornada «NON DEIXEMOS QUE O FUTURO NOS LEVE AO PASADO», centrada nas violencias machistas dixitais.
Nesta xornada abordarase o rexurdimento dos discursos de odio contra as mulleres e do conservadurismo relacional, impulsado por fenómenos como a manosfera, as estéticas da submisión, os algoritmos e a intelixencia artificial, unha realidade que está a aumentar no mundo dixital e que xa deixa pegada no mundo real.
O encontro terá lugar o 23 de abril en horario de mañá e tarde no Museo MUNCYT da Coruña e contará con relatoras e relatores de altísimo nivel:
Asunción Bernárdez · Iria Vázquez · Ferran Lalueza · Jorge García · Laura Castro · José Julio Fernández · Teresa Piñeiro · Elisa García · Sara Vierna · Priscila Retamozo · Paloma Piot · Nuria Alabao · @prado_rua · @adochinto · @mgmiguelgarcia · @antontisimo
Para asistir é necesario rexistrarse previamente a través desta ligazón. As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición, podedes consultar máis información en
https://defronte.gal/xornada-violencias-machistas-dixitais/.
Agardamos que sexa do voso interese
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Xornada de formación para familias de Educación Primaria "Comprendendo e acompañando o desenvolvemento dos nosos fillos e fillas"
Data: Sábado día 11 de abril
Horario: De 9:00 a 14:00 horas
Lugar: Sede Federación Prov. ANPAS da Coruña. Rúa Orzán nº 21 15001 A Coruña
Impartida por: Lorena Cotelo (Terapeuta Ocupacional) e Jacobo Mosquera (Educador Social)
Durante a sesión abordaremos de maneira clara e útil temas clave do desenvolvemento infantil
Desenvolvemento infantil: Como crecen e aprenden os nenos e nenas, e que esperar en cada etapa.
Sinais de alerta: Que observar para detectar posibles dificultades a tempo.
Dificultades de aprendizaxe e TDAH: Comprender estes desafíos e saber como actuar desde casa e en colaboración coa escola.
Conduta: Estratexias para acompañar o comportamento infantil desde o respecto e a empatía.
O labor educativo da familia: Como inflúe a contorna familiar no desenvolvemento persoal e escolar.
Educación consciente no fogar: Ferramentas para criar con presenza, afecto e límites saudables.
Esta formación está deseñada para que saiades con recursos concretos, ideas prácticas e unha maior comprensión das necesidades dos vosos fillos e fillas. Haberá espazo para preguntas, intercambio de experiencias e resolución de dúbidas, nun ambiente próximo e participativo
Facede a inscrición, con data límite do día 9 de abril, no enlace seguinte.
Saúdos
Xunta Directiva Federación Prov. Anpas
https://forms.gle/N9MnfLt8SJpJqT4v8
❤️ Grazas por participar

Unha actividade necesaria para facer comunidade en torno a un tema tan relevante coma o uso das pantallas pola cativada.
Avanzamos paso a paso.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
Hoxe volven as charlas científicas á biblioteca Rialeda

Estimadas familias,
📅 Venres 13 de marzo
🕛 18:30 h
📌 Biblioteca Rialeda
Faladoiro 12/3/2026: “Medrar con pantallas NON é igual a progreso”

Convidamos ás familias, docentes e todo o público interesado a participar no faladoiro “Medrar con pantallas NON é igual a progreso”, organizado polas ANPA/AFA de Oleiros e “Escola Saudable” (escuelasaludable.org).
📅
Data: Xoves 12 de marzo de 2026
🕚 Horario: 16:30 h
📍 Lugar: Centro Cultural A Fábrica (Perillo)
Con esta actividade e a través da campaña ''Escola Saudable" búscase reflexionar e sensibilizar sobre o uso dos medios dixitais nos eidos familiar, do ensino e social, así como das consecuencias do seu inicio precoz e desregulado.
Identificaranse os mitos do proceso hiperdixitalizador.
Informarase dos consensos e alertas científicas sobre a disrupción do uso precoz das pantallas na saúde física e mental, o neurodesenvolvemento e a aprendizaxe, ademais da súa pegada ambiental e as estratexias algorítmicas de enxeñería social.
Informarase do cambio de paradigma proposto, entre outras, pola Asociación Española de Pediatría (AEP) cando, ante a “nova evidencia científica” deste “problema de saúde pública", recomenda dende decembro de 2024 CERO pantallas até os 6 anos e menos de 1 entre 7-12 anos e menos de 2 horas a partir dos 13 anos, incluíndo o tempo escolar e de deberes, postergando a introdución do smartphone. Explicarase igualmente por que os e as pediatras exhortan dende abril de 2025 ás institucións educativas a instruír en competencias dixitais sen pantallas nas aulas.
Informarase de pautas concretas, encamiñadas a postergar/negociar o uso de pantallas en menores, e dos pactos de familia nesa liña.
Máis iformación AQUÍ
Contaremos con persoas coordinadoras da campaña: Xulio Carmona (enfermeiro de drogodependencias, especialista en saúde mental e experto en adiccións tecnolóxicas) e Menchu Outón (veterana docente de secundaria no ensino público).
Agradecemos enormemente ó Concello de Oleiros a súa colaboración para poder levar adiante esta iniciativa.
Consideramos que esta actividade pode ser importante para facer comunidade en torno a un tema tan relevante coma este.
Convidámosvos a participar!
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
ANPA/AFA participantes:
- ANPA Valle Inclán (CEIP Ramón María del Valle Inclán, Perillo)
- AFA Nós (CEIP Juan de Vega, Nós)
- AFA CEIP Luis Seoane (CEIP Luis Seoane, Mera)
- ANPA Ensino CEIP Rabadeira (CEIP Rabadeira, Oleiros)
- ANPA Bidueiro CEIP Isidro Parga Pondal (CEIP Isidro Parga Pondal, Sta. Cruz)
- ANPA Miguel Hernández (IES Miraflores, Oleiros)
📣 📣 MAÑÁ ÁS 11.00 SAIREMOS A DEFENDER UN ENSINO PÚBLICO DIGNO E DE CALIDADE
Por un ensino público digno e de calidade
📢 Chegou o momento de volver sair as rúas, de defender a escola pública e o futuro que queremos.
Os centros públicos levan tempo afrontando dificultades que non poden seguir normalizándose: falta de persoal tanto docente coma non docente, desatención a diversidade, e falta de mantemento e grandes reformas das infraestructuras.
Non falamos de casos illados. Falamos dunha realidade que é patente en toda a provincia. Por iso imos participar nunha mobilización provincial na defensa dun ensino público digno, inclusivo e de calidad.
📅 Sábado 28 de febreiro
⏰ 11.00 h · Saída Praza Ourense ·
Remate no Parrote (con foliada)
Como noutras ocasións acudiremos vestidos de superhéroes.
O ensino público necesita que as familias loitemos por él.Non reclamamos privilexios: esiximos que se garantan dereitos fundamentais.
Animádevos a participar! Seguimos loitando!
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
NOTA DE PRENSACharla para familias TEA- Concello de Oleiros

Dende a concellería de Servizos Sociais e Igualdade do Concello de Oleiros infórmannos dunha charla aberta o vindeiro xoves 12 de febreiro ás 18:30 h no Auditorio das Torres de Santa Cruz.
O título da charla é “O impacto nas familias dun diagnóstico TEA. A importancia dos grupos de apoio na crianza” e será impartida por Rocío Salgado, psicóloga e terapeuta familiar especializada en acompañamentos a persoas no espectro autista e as súas familias.
O TEA (Trastorno do Espectro Autista) ten unha prevalencia de aproximadamente 1 de cada 100 nacementos en España. Nas últimas décadas produciuse un importante incremento, posiblemente debido a unha maior detección e uns diagnósticos mais precisos.
A realidade é que afecta a áreas fundamentais no desenvolvemento dunha persoa repercutindo de forma importante na súa vida diaria. As familias das nenas e nenos con este diagnóstico son indispensables na súa evolución, pero en moitas ocasións séntense soas e incomprendidas pola multitude de obstáculos e dificultades que atopan tanto no propio entorno familiar e veciñal, como no educativo, formativo, laboral e incluso sanitario.
É fundamental que poidan contar tanto de apoios externos como de espazos nos que expresarse libremente, onde se lles escoite sen sentirse xulgadas. Coidar o seu benestar emocional e psicolóxico é esencial para o desenvolvemento dos seus fillos e fillas.
Dende o Concello de Oleiros ofrécese esta charla aberta sobre estas cuestións na que ademais se informará da existencia destes grupos estables de apoio para familias nesta situación. Non é necesaria a inscrición previa para asistir á charla.
Agardamos que esta información sexa do voso interese.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán


