🕯🕯🕯 MARCHA FÚNEBRE POLO ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE 💀 domingo 26 de outubro

Estimadas familias,
Convocamos a toda a comunidade educativa e á veciñanza a participar este domingo 26 de outubro ás 12:00 h na Marcha fúnebre polo ensino público.
📍 Sairá da fonte do Parque Nelson Mandela, pasará pola Rúa Areal e rematará na Rotonda do Sol y Mar, cunha sentada pacífica na N-VI.
👻 Adiantamos a Festa de Samaín!!! 🎃
🕯🕯🕯 Os adultos vide vestidos de loito e, para darlle máis visibilidade e diversión, que a cativada veña disfrazada coa temática do Samaín: zombies, pantasmas, esqueletos...!!! 💀👻
☠ Unha marcha que quere simbolizar o fin do ensino público de calidade.
💪🏼 Animádevos a vir en familia, a vosa participación é clave
💪🏼 Contaremos coa participación de máis ANPAs e representantes doutras entidades
Queremos que a marcha sexa tamén unha celebración colectiva, pola defensa do ensino público e pola unión da nosa comunidade educativa.
👉🏼 Non estamos a defender só un colexio, estamos a loitar polo futuro dos nosos nenos e nenas, que merecen unha educación de calidade.
📢 CONTAMOS CON TODOS VÓS!
Grazas pola vosa colaboración e implicación
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán