Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISA

⭐ NOVAS MOBILIZACIÓNS ⭐

October 18, 2025 at 3:33 pm

anuncio3.jpg

A ANPA Valle Inclán segue a traballar para visibilizar a grave situación do noso colexio, para que cese a vulneración do dereito dos nosos fillos e fillas a un ensino inclusivo e de calidade.

⭐ Trala gran acollida da “Andaina polo ensino de calidade” do pasado domingo.

⭐ Tras visitar esta semana o pleno do Parlamento.

⭐ Tras reunirnos co Alcalde de Oleiros e a Concelleira de ensino.

⭐⭐⭐ A ANPA Valle Inclán está a coordinar novos actos de protesta, da man do Concello e de outras ANPAs.

📢📢📢 Este luns seguiremos loitando ante o colexio cunha nova concentración ás 15:45 horas.

👉🏼👉🏼 Pedimos a vosa colaboración !! Un pequeno esforzo pola nosa cativada !!

📢📢📢 Xa estamos xestionando unha nova manifestación para o domingo 26 (a previsión inicial era para este domingo 19, pero debido ó retraso na obtención do permiso por parte das autoridades competentes, vímonos na obriga de aprazala para garantir as medidas de seguridade precisas, así coma para facer a difusión axeitada).

👉🏼👉🏼 Estade atentos ás nosas redes, recibiredes novas moi interesantes!!

Grazas de novo pola implicación das familias, do Concello de Oleiros, da comunidade educativa e de todos aqueles que nos acompañan neste camiño cara a unha sociedade máis xusta, que seguiremos percorrendo con paso firme ata conseguir ser escoitadas por aqueles dos que depende a xestión axeitada dos nosos recursos públicos e que insisten en permanecer indiferentes ás necesidades da nosa cativada. Pequenos pasos, pero seguros.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán


Recent Posts

  • HOXE NOVA CONCENTRACIÓN NO COLEXIO ÁS 15:45 H
    20 Oct, 2025
  • ⭐ NOVAS MOBILIZACIÓNS ⭐
    18 Oct, 2025
  • ANPA Valle Inclán no Parlamento de Galicia
    16 Oct, 2025
  • Seguimos loitando polo ensino público e inclusivo de calidade !
    14 Oct, 2025
  • Nova concentración diante do colexio luns 13 de outubro
    12 Oct, 2025
  • Andaina por un ensino público de calidade. MANIFESTO
    12 Oct, 2025
  • Convocatoria – Andaina polo ensino público de calidade
    8 Oct, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more