Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISA

Falta de profesorado no CEIP Ramón María del Valle Inclán

September 25, 2025 at 1:09 pm


Estimadas familias,

Ante a situación de falta de profesorado no CEIP Valle Inclán dende o inicio deste curso a ANPA Valle Inclán convocou unha asemblea extraordinaria urxente o mércores 24/09/2025 no noso colexio.

As familias asistentes acordaron comezar mobilizacións para facer presión e solucionar esta problemática que afecta a todo o alumnado do centro.

Como primeira medida terá lugar unha concentración ante o colexio o luns 29/09/2025 ás 15:45 horas (está solicitado o permiso pertinente).

Está previsto repetir as mobilizacións tódolos luns ata que a situación se resolva.

Solicitamos a colaboración das familias, do persoal do CEIP, do Concello de Oleiros e doutras ANPAs do Concello, para contar coa súa presenza e axudar na súa difusión.

Asemade, a Xunta Directiva trasladará ós medios de comunicación un escrito explicando a situación do centro e as medidas adoptadas ata o de agora.

Pregamos a vosa participación activa para visibilizar a grave situación do noso colexio e que cese a vulneración do dereito dos nosos fillos e fillas a unha educación inclusiva e de calidade.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán


Máis información premendo na seguinte ligazón:
Escrito enviado á Xefatura Territorial da Consellería de Ensino



Recent Posts

  • HOXE NOVA CONCENTRACIÓN NO COLEXIO ÁS 15:45 H
    20 Oct, 2025
  • ⭐ NOVAS MOBILIZACIÓNS ⭐
    18 Oct, 2025
  • ANPA Valle Inclán no Parlamento de Galicia
    16 Oct, 2025
  • Seguimos loitando polo ensino público e inclusivo de calidade !
    14 Oct, 2025
  • Nova concentración diante do colexio luns 13 de outubro
    12 Oct, 2025
  • Andaina por un ensino público de calidade. MANIFESTO
    12 Oct, 2025
  • Convocatoria – Andaina polo ensino público de calidade
    8 Oct, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more