Inaugurada a exposición da Aula Verde!

Hoxe na Fábrica tivo lugar a inauguración da exposición “Artistadas”, con cadros de creación colectiva a cargo do alumnado de infantil da Aula Verde do CEIP Valle Inclán, da man da súa mestra Victoria Seoane Carrillo.
A ela asistiron o Concelleiro Delegado de Cultura e Ensino, Ramón Maceira Giadanes, e representantes do Concello de Oleiros. Tamén un numeroso grupo de mestres e mestras, compañeiros de Vicky, a dirección do centro e por suposto, moitas familias, que arrouparon a estes artistas e á súa mestra nun acto moi emotivo e cargado de significado.
Podedes visitar a mostra dende o 4 ao 18 de xullo en horario de luns a venres, de 9.00 a 14.00 horas na Fábrica, en Perillo.
Aproveitade esta oportunidade para desfrutar e sentir coa mirada da infancia.
Parabéns a Vicky polo seu traballo, impecable, e a toda a cativada da Aula Verde !!!
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
