🧪👩🔬 CHARLAS DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Volve a Rialeda o programa "Ler para saber"

📅 O venres 23 de xaneiro ás 18:30h terá lugar a primeira das charlas científicas incluídas no programa Ler para Saber, organizado pola Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros en colaboración coa UDC. “Movemento e defensa das plantas” da man de José Díaz Varela, catedrático de Fisioloxía Vexetal da Universidade da Coruña, será a que inaugure este programa.
Os obxectivos do programa “Ler para saber” son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.
O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” completarase con outras cinco charlas máis os días 27 de febreiro (“Solucións baseadas na natureza. exemplo: recuperación do Mar Menor” con con Alatzane Carbosena), o 13 de marzo (“O museo e os seus obradoiros” con Fernando Luis Fontes Blanco), o 10 de abril (“Citeeconto que facemos!” con Fernando Martínez Abella), o 8 de maio (“Explorando o universo microscópico” con Elena Fernández González) e o 5 de xuño (“Microbioma e saúde” con Margarita Poza Domínguez).
As charlas de divulgación científica están dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.
O alumnado de 3º ciclo de primaria do CEIP Ramón María del Valle Inclán participa tamén nesta actividade.
A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.
Máis información na Biblioteca Rialeda.
Podedes descargar o cartaz premendo AQUÍ.
Agardamos que sexa do voso interese.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán