Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISAS USO PANTALLAS
  • CONSELLO ESCOLAR

Recent Posts

  • Campamento de Ciencias no Valle Inclán de Oleiros
    22 Jun, 2026
  • Doazóns libros de texto para o fondo de libros solidario
    15 Jun, 2026
  • FESTA FIN DE CURSO 2026
    12 Jun, 2026
  • Plataforma de inscricións de comedor,mañanceiros e cambiadores 2026-2027
    10 Jun, 2026
  • Enquisa E-Dixgal 2025 2026
    8 Jun, 2026
  • CONVOCATORIA DAS PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2026/2027
    30 May, 2026
  • Asemblea extraordinaria mércores 20/5/2026
    19 May, 2026

O noso bosque

January 14, 2026 at 9:25 pm

WhatsApp_Image_2026-01-14_at_17_25_57.jpeg

Hoxe iniciouse a plantación do noso novo bosque autóctono, na parcela que xa forma parte do colexio grazas á súa cesión por parte do Concello de Oleiros.

Como sabedes, o noso colexio foi seleccionado este curso para participar no programa “Aprender do bosque” do Centro de Arte Fundación María José Jove e coa participación do CFEA (Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Guísamo)

Grazas á colaboración entre centro, ANPA e Concello conseguimos ser seleccionados para levar adiante este proxecto colaborativo que une arte, ciencia e mediación cultural, co obxectivo de recuperar hábitats naturais e favorecer a biodiversidade.

O programa “Aprender do bosque”, dentro do Proxecto Reverdecer, propón establecer una relación continua e práctica cun ecosistema vivo que evoluciona xunto coa comunidade escolar.

Contar cun bosque no centro educativo facilita o desenvolvemento de competencias ecolóxicas desde idades temperás, promove a responsabilidade compartida no coidado e xera un espazo para reflexionar sobre o presente e o futuro dos ecosistemas locais.

Desde una mirada artística e pedagóxica, o proxecto ofrece ferramentas para espertar a sensibilidade, a curiosidade e a creatividade arredor do mundo vexetal.

Hoxe as primeiras árbores xa empezan a medrar no noso bosque: bidueiras, sobreiras, castiñeiros e carballos. Temos que mimalas!

Oito aulas participaron, da man dos seus mestres e mestras e xunto a técnicos do Concello, do CFEA e da Fundación María José Jove, na plantación do novo bosque do colexio.

A ANPA Valle Inclán, como parte da comunidade educativa, tamén estivo convidada a participar nesta xornada tan importante. Estamos moi agradecidas de poder colaborar en proxectos que conseguen mellorar a calidade do ensino dos nosos fillos e fillas.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán







Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more