Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
      • ENQUISAS USO PANTALLAS
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISA

Faladoiro 12/3/2026: “Medrar con pantallas NON é igual a progreso”

March 1, 2026 at 6:49 pm

Xoves-12-marzo-oleiros-3-1.jpg



Convidamos ás familias, docentes e todo o público interesado a participar no faladoiro “Medrar con pantallas NON é igual a progreso”, organizado polas ANPA/AFA de Oleiros e “Escola Saudable” (escuelasaludable.org).


📅 Data: Xoves 12 de marzo de 2026

🕚 Horario: 16:30 h

📍 Lugar: Centro Cultural A Fábrica (Perillo)


Con esta actividade e a través da campaña ''Escola Saudable" búscase reflexionar e sensibilizar sobre o uso dos medios dixitais nos eidos familiar, do ensino e social, así como das consecuencias do seu inicio precoz e desregulado. 

  • Identificaranse os mitos do proceso hiperdixitalizador.

  • Informarase dos consensos e alertas científicas sobre a disrupción do uso precoz das pantallas na saúde física e mental, o neurodesenvolvemento e a aprendizaxe, ademais da súa pegada ambiental e as estratexias algorítmicas de enxeñería social.

  • Informarase do cambio de paradigma proposto, entre outras, pola Asociación Española de Pediatría (AEP) cando, ante a “nova evidencia científica” deste “problema de saúde pública", recomenda dende decembro de 2024 CERO pantallas até os 6 anos e menos de 1 entre 7-12 anos e menos de 2 horas a partir dos 13 anos, incluíndo o tempo escolar e de deberes, postergando a introdución do smartphone. Explicarase igualmente por que os e as pediatras exhortan dende abril de 2025 ás institucións educativas a instruír en competencias dixitais sen pantallas nas aulas.

  • Informarase de pautas concretas, encamiñadas a postergar/negociar o uso de pantallas en menores, e dos pactos de familia nesa liña.

Máis iformación AQUÍ

Contaremos con persoas coordinadoras da campaña: Xulio Carmona (enfermeiro de drogodependencias, especialista en saúde mental e experto en adiccións tecnolóxicas) e Menchu Outón (veterana docente de secundaria no ensino público).

Agradecemos enormemente ó Concello de Oleiros a súa colaboración para poder levar adiante esta iniciativa.

Consideramos que esta actividade pode ser importante para facer comunidade en torno a un tema tan relevante coma este.

Convidámosvos a participar!

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán


ANPA/AFA participantes:

- ANPA Valle Inclán (CEIP Ramón María del Valle Inclán, Perillo)

- AFA Nós (CEIP Juan de Vega, Nós)

- AFA CEIP Luis Seoane (CEIP Luis Seoane, Mera)

- ANPA Ensino CEIP Rabadeira (CEIP Rabadeira, Oleiros)

- ANPA Bidueiro CEIP Isidro Parga Pondal (CEIP Isidro Parga Pondal, Sta. Cruz)

- ANPA Miguel Hernández (IES Miraflores, Oleiros)

Recent Posts

  • Charla científica hoxe 10/4/26 en Rialeda: "“CITEECONTO QUE FACEMOS”
    10 Apr, 2026
  • Obradoiro sábado 11 de abril: Sementando bo trato
    8 Apr, 2026
  • Menú comedor escolar terceiro trimestre
    8 Apr, 2026
  • Xornada «NON DEIXEMOS QUE O FUTURO NOS LEVE AO PASADO»
    26 Mar, 2026
  • Xornada de formación para familias de Educación Primaria "Comprendendo e acompañando o desenvolvemento dos nosos fillos e fillas"
    26 Mar, 2026
  • ❤️ Grazas por participar
    15 Mar, 2026
  • Hoxe volven as charlas científicas á biblioteca Rialeda
    13 Mar, 2026

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more