Entradas "seguras" ao CEIP Valle Inclán: un circo acuático en días de choiva!
Querida comunidade, é moi difícil resolver os problemas na entrada cando chove? Iso din, pero ano tras ano repetimos o clásico: charcos que parecen lagos, nenos e nenas calados ata os ósos, e familias facendo malabarismos para non resbalarnos. Que boa maneira de comezar o día!
Imaxinádevos o festival: dous patios cubertos dentro do colexio, listos e secos, pero as familias con fillos pequenos temos que facer cola no exterior. E cando chove de verdade, o circo complétase: familias apiñadas agardando, coches improvisando parking salvaxe, autobuses bailando o tango co tráfico, todo aliñado con prisas, negrume, chuvia de balde e charcos dignos dun safari amazónico. Un cóctel perfecto para sustos, resbalóns e nervios a flor de pel, e esperemos que nada máis, pero papeletas vamos comprando...
E, sin embargo, a solución parece sacada dun manual de sinxeleza: por que non abrir as portas 5 ou 10 minutos antes nos días de choiva? Así, entrada máis escalonada, as familias madrugadoras ou peonís poderiamos agardar nos patios cubertos, como se facía ata o COVID (si, ese tempo en que a lóxica imperaba un pouco máis). Pero non, mantemos o protocolo rígido, e os nenos pagan a factura.
Vamos a supor que, por algunha razón máxica, a normativa tivera un chisco de sentido común e permitise que se puidese fixar horarios de apertura de portas máis flexibles, e priorizar a seguridade do alumnado por riba de todo.
Que bonito sería que, entre toda a comunidade educativa, conseguiramos que o responsable de levar adiante ese cambio estivese encantado de facelo, minimizando así o risco de que pase algo fóra do colexio... aínda que, técnicamente, "non sexa da súa responsabilidade" (ou si?).
Para rematar, un guiño, mirade a viñeta que adorna a portada do propio Plan de Convivencia do CEIP Ramón Mª del Valle Inclán. Forges ten razón, pero igual poderíamos empezar uníndonos baixo un tellado.

Xuntos podemos facer que a convivencia sexa real... e seca!
A seguridade dos nosos fillos non agarda.
Comparte, apoia e escribe a túa queixa aos que teñen a responsabilidade!A ANPA xa o fixo, podes consultar o escrito que enviamos AQUI