Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISA

A cativada creará un bosque autóctono na finca anexa ó colexio cedida polo Concello de Oleiros

November 7, 2025 at 5:52 pm

IMG-20251106-WA0013.jpg

Estimadas familias, queremos anunciarvos importantes novas!

Na reunión celebrada en outubro entre o Alcalde de Oleiros, a Concelleira de Ensino e representantes da Xunta Directiva da ANPA Valle Inclán recibimos confirmación de que a parcela anexa ó noso colexio, na Rúa Anduriñas xunto ó pavillón municipal, pasará a formar parte do recinto escolar.

Como sabedes, o pasado mes de marzo, a ANPA fixo unha petición ó Concello de Oleiros, da man da docente de 3º ciclo de primaria Fina Mosquera Roel, para que o uso dese terreo puidera ser aproveitado polos nosos fillos e fillas.

Achegáronse as propostas feitas polo propio alumnado para o uso da finca, que inclúen a creación dunha aula exterior, mesas e bancadas ó aire libre, un novo invernadoiro de uso para toda educación primaria, a creación dunha horta de tempada ou a plantación de árbores de especies autóctonas e froiteiras.

Podedes ver os deseños e a solicitude presentada na seguinte ligazón:

https://drive.google.com/file/d/13JCVHVeCLxqNorY-kxPUCe69HZuTT7Yk/view?usp=drive_link

O proxecto xa se está materializando: o Concello de Oleiros anunciounos que están iniciados os trámites legais pertinentes e o cambio do peche perimetral.

Ademais, hai outra gran novidade: este curso, novamente co impulso de Fina Mosquera Roel, o noso colexio presentouse a través da Dirección do centro e tralo acordo do Claustro e do Consello Escolar, á convocatoria do programa “Aprender do bosque” do Centro de Arte Fundación María José Jove.

Grazas á cesión da parcela feita polo Concello de Oleiros, o noso centro acaba de ser seleccionado a participar neste innovador programa para a creación do noso propio bosque autóctono, nunha iniciativa que une arte, ciencia e acción comunitaria.

Tedes máis información na seguinte ligazón: https://centrodearte.fmjj.org/aprender-del-bosque/

Coma sempre, queremos agradecer todo o apoio do Concello de Oleiros para contribuír a un ensino público de calidade.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán


Recent Posts

  • A cativada creará un bosque autóctono na finca anexa ó colexio cedida polo Concello de Oleiros
    7 Nov, 2025
  • Seguimos demandando máis profesorado no noso colexio
    30 Oct, 2025
  • Manifesto "Marcha fúnebre polo ensino público" 26/10/2025
    26 Oct, 2025
  • ÉXITO DA MARCHA FÚNEBRE POLO ENSINO PÚBLICO
    26 Oct, 2025
  • 🕯🕯🕯 MARCHA FÚNEBRE POLO ENSINO PÚBLICO DE CALIDADE 💀 domingo 26 de outubro
    21 Oct, 2025
  • HOXE NOVA CONCENTRACIÓN NO COLEXIO ÁS 15:45 H
    20 Oct, 2025
  • ⭐ NOVAS MOBILIZACIÓNS ⭐
    18 Oct, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more