Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS

Convocatoria asemblea extraordinaria 17/07/2023

10 Jul, 2023
Estimadas familias,
o vindeiro luns 17 de xullo ás 19:00h. en primeira convocatoria e 19:30h. en segunda convocatoria celebrarase unha asemblea extraordinaria de familias socias.
Adxuntamos convocatoria.
Un saúdo,
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

230717_convocatoria_extraordinaria.pdf

Convocatoria asemblea extraordinaria 21/06/2023

14 Jun, 2023
230621_convocatoria_extraordinaria.pdf

Convocatoria asemblea extraordinaria urxente 03/05/2023

26 Apr, 2023
230503_convocatoria_extraordinaria_urxente.pdf

Convocatoria asemblea ordinaria 22/11/2022

15 Nov, 2022
221130_convocatoria_ordinaria.pdf

Convocatoria asemblea extraordinaria 22/06/2022

15 Jun, 2022
220622_convocatoria_extraordinaria.pdf

Acordos da asemblea ordinaria do 22 de novembro de 2021

8 Apr, 2022

Resumo dos acordos acadados na asemblea ordinaria da ANPA Valle Inclán do 22 de novembro de 2021 (acta aprobada na asemblea extraordinaria do 8 de abril de 2022)

Emprazamento: Sala de usos múltiples do Edificio Infantil - Primeiro Ciclo de Primaria do CEIP Ramón María del Valle Inclán
Asistentes: 49 nais e pais.
Hora de inicio: 18:25 h.
Hora de finalización: 20:08 h.

Antes do inicio da sesión, o novo equipo directivo do CEIP Ramón María del Valle Inclán, formado por Carmen Campo Fernández (directora), María Bandín Lamas (xefa de estudios) e María Fernández Porto (secretaria), preséntase na asemblea de socios, para mostrar a súa intención de colaborar coa ANPA sempre que sexa preciso. Fan unha chamada de atención con respecto á aparición de pancartas colgadas días atrás no centro escolar, xusto tralo anuncio da convocatoria desta asemblea. Pediron ós presentes que os asuntos a debater na asociación hanse de tratar a través das canles axeitadas, remarcando que non deben transcender provocando molestias ó resto da comunidade educativa.


ACORDOS

  • Aprobación da acta da asemblea do 1 de setembro 2021 (punto 1 da orde do día).


  • As contas do exercicio 2021, ata outubro, quedan aprobadas (punto 2 da orde do día).


  • Presidencia e secretaría quedan vacantes na Xunta directiva da ANPA. Anúnciase a apertura de candidaturas para ocupar os cargos dispoñibles. Non aparecen persoas voluntarias, polo que quedan abertas as candidaturas á espera de novas incorporacións (punto 3 da orde do día).


  • Proponse un novo servizo de xestión integral de comedor a través da empresa especializada Jardanay. Búscase profesionalizar os servizos, eliminando intermediarios e que a comunicación sexa directa entre as familias e a empresa, para unha mellor atención do alumnado. Deste xeito, conseguiríase ademais unha baixada substancial na cota de comedor para as familias, sen diminuír en ningún caso a calidade, tan só o modelo de xestión.

    Tras someterse a votación, gaña por maioría non contratar a xestión integral, sendo o resultado 23 a favor, 24 en contra e 4 abstencións (punto 5 da orde do día).

  • A causa do vencemento do contrato con ADC As Mariñas, amósanse tres presupostos de empresas susceptibles de asumir o servizo de extraescolares. Ademais de novos prezos, plantéxase unha renovación das actividades.

  • Tras someterse a votación, decídese seguir coa xestión actual, sendo o resultado 19 votos para ACD As Mariñas, 13 votos para Serocio e 0 votos para Move. Houbo 9 abstencións (punto 6 da orde do día).

  • Dada a delicada situación do CEIP con respecto ós recortes de profesorado de PT e AL, neste curso a ANPA mobilizouse a través de distintas vías para chamar a atención da opinión pública e concienciar (mediante concentracións, notas de prensa, etc.) e tamén a través da vía administrativa, enviando oficios por rexistro oficial dirixidos á Inspección Educativa e á Xefatura Territorial da Consellería Cultura, Educación e Universidade, así como iniciando un expediente de queixa ante a Valedora do Pobo de Galicia (alto comisionado do Parlamento de Galicia para a defensa dos dereitos e liberdades que supervisa de oficio ou mediante denuncia a actividade da Administración da Comunidade Autónoma galega).

    Decídese continuar coas reivindicacións, iniciando unha campaña antes do Nadal, animando ás familias a que escriban cartas dirixidas ós Reis Magos nas que se pida como desexo para o novo ano a dotación destes profesionais, para despois remitir todas esas postais á Xunta de Galicia (punto 7 da orde do día).

    Proponse ademais recoller firmas para enviar un novo escrito á Consellería.


Recórdase ás familias socias que se queren revisar as actas completas aprobadas están a súa disposición na oficina da ANPA, previa cita.

En Perillo a 8 de abril de 2022

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán


Convocatoria asemblea extraordinaria 08/04/2022

1 Apr, 2022

220408_CONVOCATORIA_ASEMBLEA_EXTRAORDINARIA.pdf


Convocatoria asemblea ordinaria 22 de novembro de 2021

15 Nov, 2021, No comments

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA ANPA VALLE INCLÁN

EMPRAZAMENTO: Sala de usos múltiples do Edificio Infantil - Primeiro Ciclo de Primaria do CEIP Ramón María del Valle Inclán

DÍA: 22/11/2021

HORA: 17:45 horas en 1ª convocatoria e 18:15 horas en 2ª convocatoria

HORA LÍMITE DE FINALIZACIÓN: 20:00 horas

ORDE DO DÍA:

1- Lectura da acta da asemblea do 1 de setembro de 2021. Aprobación se procede.

2- Estado de contas. Aprobación se procede.

3- Presentación de candidaturas para a renovación de cargos da Xunta directiva da ANPA, para cubrir vacantes dispoñibles. En caso de única candidatura, aprobación se procede.

4- Normativa do servizo de comedor.

5- Presentación do servizo de comedor con xestión integral, por vencemento do contrato con ADC As Mariñas. Aprobación se procede.

6- Presentación de empresas de actividades extraescolares, por vencemento do contrato con ADC As Mariñas. Presentación de novos servizos. Aprobación se procede.

7- Situación dos recortes dos/as docentes de apoio por parte da Xunta de Galicia. Captación de novas ideas para continuar coas reivindicacións.

8- Rogos e preguntas.

Agradeceremos a vosa presenza.

Queremos lembrarvos tamén a obriga de cumprir con tódalas medidas establecidas pola normativa sanitaria vixente para a prevención do COVID.

Moitas grazas de antemán por vir e participar activamente nesta asemblea.

Saúde e saúdos!

En Perillo a 15 de novembro de 2021

Xunta Directiva do ANPA do CEIP Valle Inclán




Acordos asemblea extraordinaria 16 de xullo 2021

1 Sep, 2021

Acordos acadados na asemblea extraordinaria da ANPA Valle Inclán do 16 de xullo de 2021
(acta aprobada o 1 de setembro de 2021)

Emprazamento: Sala de usos múltiples do Edificio Infantil - Primeiro ciclo Primaria do CEIP Ramón María del Valle Inclán
Número de pais e nais presentes: 19
Socios representados/voto delegado: 3
Hora real de inicio: 18:15 horas
Hora de finalización: 20:08 horas

ACORDOS

  • Aprobación da acta anterior do 25 de xuño de 2021 por unanimidade (punto 1 da orde do día).

  • Cambio de catering. Apróbase Jardanay como nova empresa por unanimidade dos presentes (punto 2 da orde do día).

  • Apróbase favorecer a retirada do centro das instalacións modulares, dadas as condicións de insalubridade e a presenza de ratos no patio do colexio. De entre todas as propostas expostas e debatidas, apróbase por maioría a única solución viable para levar a cabo isto dentro do prazo dispoñible: a doazón da cociña ó Concello de Oleiros para o seu traslado a Guatemala, con dous votos en contra e catro abstencións (punto 3 da orde do día).


Recórdase ás familias socias que se queren revisar as actas completas aprobadas están a súa disposición na oficina da ANPA, previa cita.

Convocatoria asemblea extraordinaria 1 de setembro de 2021

25 Aug, 2021
... e tras a reunión informativa sobre actividades extraescolares temos de postre, ás 18:00 en primeira convocatoria e logo ás 18:30 en segunda convocatoria unha nova asemblea extraordinaria para poñer as familias ó día dos servizos deste vindeiro curso que está a piques de comezar.



Acordos asemblea 25 de xuño

16 Jul, 2021

Acordos acadados na asemblea do 25 de xuño de 2021
(acta aprobada na asemblea do 16 de xullo de 2021)

Emprazamento: Auditorio de A Fábrica
Número de pais e nais presentes: 16
Hora real de inicio: 18:18 horas
Hora de finalización: 19:52 horas

ACORDOS

  • Aprobación do novo logotipo da ANPA Valle Inclán (punto 2 da orde do día).

  • Aprobación dunha única cuota familiar por curso de 35€ (punto 3 da orde do día).


Recórdase ás familias socias que se queren revisar as actas completas aprobadas están a súa disposición na oficina da ANPA, previa cita.

Convocatoria asemblea extraordinaria 16 de xullo 2021

9 Jul, 2021

CONVOCATORIA DE ASEMBLEA ORDINARIA ANPA VALLE INCLAN 16/07/21

EMPRAZAMENTO: Sala de usos múltiples do Edificio Infantil ‐ Primeiro Ciclo de Primaria do CEIP Ramón María del Valle Inclán
DÍA: Venres 16/07/2021
HORA: 18:00 horas en 1ª convocatoria e 18:15 horas en 2ª convocatoria
HORA LÍMITE DE FINALIZACIÓN: 20:00 horas


ORDE DO DÍA:

1‐ Lectura da acta da asemblea do 25 de xuño de 2021. Aprobación se procede.
2‐ Cambio de cátering. Votación e aprobación se procede.
3‐ Módulos e cociña. Información das reunións da ANPA coas partes implicadas: directiva do CEIP,
Concello de Oleiros, Xunta de Galicia. Retirada dos módulos e da cociña antes de setembro. Votación e aprobación se procede.
4‐ Cadro das actividades extraescolares para o curso 21/22. Aprobación si procede.
5‐ Rogos e preguntas.


O carácter extraorinario da asemblea está xustificado pola necesidade de vota ralgunhas cuestións apremiantes. Agradeceremos a vosa presenza na medida do posible.
O espazo cedido poderase ocupar nun 30% da súa capacidade, o que supón un total de 25 persoas.


Queremos lembrarvos tamén a obrigación de cumprir con todas as medidas establecidas pola normativasanitaria vixente para a prevención do COVID.


Moitas grazas de antemán por vir e participar activamente nesta asemblea.


Saúde e saúdos!


En Perillo a 9 de xullo de 2021


Directiva do ANPA do CEIP Valle Inclán

Convocatoria asemblea extraordinaria 25 de xullo 2021

23 Jun, 2021

CONVOCATORIA  ASEMBLEA EXTRAORDINARIA DA ANPA VALLE INCLÁN

EMPLAZAMENTO: Auditorio de A Fábrica (Rúa do Inglés, s/n – Perillo)

DÍA: 25/06/2021 HORA: 18:00 horas en 1ª convocatoria e 18:15 horas en 2ª convocatoria

HORA LÍMITE DE FINALIZACIÓN: 20:30 horas

ORDE DO DÍA:

  1. Presentación da nova Xunta Directiva da ANPA.
  2. Novo logo para a ANPA Valle Inclán. Mostra e aprobación se procede.
  3. Revisión da cota de socio da ANPA. Aprobación se procede.
  4. Banco de libros.
  5. Módulos e cociña. Situación actual. Propostas e posibles solucións. Toma de decisións.
  6. Mañanceiros, Comedor, Extraescolares. Novidades e presuposto para o curso 2021/22.
  7. Rogos e preguntas.

O carácter extraordinario da asemblea está xustificado pola necesidade de votar algunhas cuestións apremiantes. Agradeceremos a vosa presenza na medida do posible.

O espazo cedido poderase ocupar nun 30% da súa capacidade, o que supón un total de 50 persoas. Queremos lembrarvos tamén a obrigación de cumprir con todas as medidas establecidas pola normativa sanitaria vixente para a prevención do COVID.

Moitas grazas de antemán por vir e participar activamente nesta asemblea.

Saúde e saúdos!

En Perillo, a 21 de xuño de 2021

Xunta directiva ANPA del CEIP Valle Inclán

Recent Posts

  • Festa Fin de curso 2024 2025
    30 May, 2025
  • Convocatoria de asemblea extraordinaria 5/6/2025
    29 May, 2025
  • EXHIBICIÓNS FIN DE CURSO 2024 2025
    29 May, 2025
  • PINTURA MURAL COLABORATIVA CON ERB MON
    28 May, 2025
  • Encontro sábado 24/05/2025 Familias Inquedas
    23 May, 2025
  • Escola de familias 22/05/2025: "Acompañamento emocional na primeira infancia"
    20 May, 2025
  • O NOSO COLEXIO, ESPAZO SEN FUME
    19 May, 2025

Extra info

Replace this text with some additional info. If there is no extra info, you can hide this text or hide this block by clicking the icon at the above right corner.

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more