Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISA

Convocatoria asemblea ordinaria 15/12/2025

December 7, 2025 at 11:56 am
Estimadas familias,
o vindeiro luns 15 de decembro ás 16:30h. en primeira convocatoria, celebrarase unha asemblea ordinaria de familias socias no comedor escolar.

ORDE DO DÍA: 

  1. Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Extraordinaria celebrada o 24 de setembro de 2025. 
  2. Presentación, e se procede, aprobación de contas. 
  3. Aprobación do regulamento do comedor. 
  4. Presentación da PXA. 
  5. Aprobación do uso da subvención do comedor para melloras: adecuación do mobiliario e insonorización. 
  6. Obradoiros subvencionados pola ANPA para o alumnado. Peticións do equipo docente. 
  7. Problemática actual no Colexio: situación do equipo docente, falta de persoal docente. Medidas adoptadas polo claustro de apoio ás reivindicacións. Proxectos suspendidos e proxectos que continúan. 
  8. Medidas e reivindicacións levadas a cabo ata o de agora en relación ó punto 7, e próximas accións a desenvolver. 
  9. Rogos e preguntas.

Esta asemblea non é só para presentar as contas e a programación anual e outros traballos, senón tamén para compartir e debater sobre a grave problemática que está a sufrir a ensinanza pública. A gran maioría de colexios públicos galegos están a levar a cabo mobilizacións de protesta pola carencia de mestres e especialistas, faltas de mantemento e outros recursos insuficientes. Isto non afecta só aos centros de Oleiros, A Coruña, Cambre e Culleredo, senón a todas as provincias galegas. Este mes de decembro celebrouse unha reunión con unha trintena de ANPAs da Coruña e arredores, onde se puxo de manifesto o preocupante das carencias que están a padecer, e a pesar dos nosos problemas, somos un colexio privilexiado en comparación. Pero como di o noso refrán: "Cando a barba do teu veciño vexas pelar, pon a túa a remollar". 

Non esperemos a que os problemas cheguen á nosa porta; agora é o momento de actuar xuntos en defensa da educación pública de calidade que merece os nosos fillos e fillas.

Necesitamos que a máxima número de familias socias estea presente para debater conxuntamente as carencias que está a sufrir o noso colexio e as que afectan a toda a rede de educación pública. Só a través dunha voz colectiva forte poderemos visibilizar estas problemáticas ante as administracións e conseguir que tomen as medidas necesarias.

No seguinte enlace poderá atopar a documentación ao respecto.

Un saúdo,
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Recent Posts

  • Convocatoria asemblea ordinaria 15/12/2025
    7 Dec, 2025
  • Convocatoria asemblea extraordinaria 17/07/2023
    10 Jul, 2023
  • Convocatoria asemblea extraordinaria 21/06/2023
    14 Jun, 2023
  • Convocatoria asemblea extraordinaria urxente 03/05/2023
    26 Apr, 2023
  • Convocatoria asemblea ordinaria 22/11/2022
    15 Nov, 2022
  • Convocatoria asemblea extraordinaria 22/06/2022
    15 Jun, 2022
  • Acordos da asemblea ordinaria do 22 de novembro de 2021
    8 Apr, 2022

Extra info

Replace this text with some additional info. If there is no extra info, you can hide this text or hide this block by clicking the icon at the above right corner.

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more