Convocatoria Asemblea Ordinaria - Mércores 04/11/2026 - 16:30
October 28, 2026 at 2:45 pm,
No comments
Estimadas familias,
o vindeiro Mércores 04 de novembro, ás 16:30h., celebrarase unha asemblea ordinaria de familias socias no comedor escolar.
EMPRAZAMENTO: Comedor escolar
DÍA: 04 de novembro de 2026
HORA: 16:30 horas en 1ª convocatoria e 17:00 horas en 2ª convocatoria
HORA LÍMITE DE FINALIZACIÓN: 18:00 horas
- Lectura e aprobación, se procede, da acta da Asemblea Extraordinaria celebrada o 11 de xuño de 2026.
- Presentación da PXA.
- Presentación, e se procede, aprobación de contas.
- Rogos e preguntas.
Nos próximos días engadiremos aquí a ligazón á documentación correspondente aos asuntos da orde do día, para que poidades consultala antes da xuntanza.