Apertura prazo escolas artísticas municipais
April 22, 2025 at 1:29 pm
Estimadas familias,
As escolas municipais de danza, música e teatro do Concello de Oleiros abren hoxe a renovación de matrículas para novo alumnado. O prazo remata o 30 de abril.
O vindeiro curso ofértanse un total de 1.145 prazas nas escolas municipais de música, danza e teatro.
As persoas interesadas poden consultar toda a información na páxina web do Concello, no apartado de Ensino. Para calquera dúbida ou consulta tamén é posible dirixirse ao correo ensino@oleiros.org ou tamén poderán chamar ao teléfono 981 639 688 do Centro Municipal de Artes Escénicas ou ao 981 639 143 da Escola Municipal de Música.
Tedes máis información sobre a matrícula premendo AQUÍ.