Xoves 24/4/2025 - 16.15h: Escola de familias "A crianza consciente como aliada dun acompañamento escolar saudable"
Boas!!
Aínda estades a tempo de apuntarvos na segunda charla da Escola de Familias, “Neuroeducación para pais e nais”. Aprenderemos como funciona o cerebro dos nosos fillos cando estudan, e que factores inflúen na adquisición de aprendizaxes duradeiras e profundas. Nesta charla coñeceremos as claves dos aliados da aprendizaxe, aqueles que nos axudan a crear un ambiente educativo máis eficaz e estimulante.
A actividade está dirixida a toda a comunidade educativa (pais, nais e docentes) e será facilitada por Clara Rodríguez, orientadora educativa con ampla experiencia en educación formal e formación de futuros docentes.
Lembrade, están programados tres obradoiros máis:
- Xoves 8/5/2025: “Fomentando a autonomía nas tarefas escolares” (dirixido a Ed. Primaria)
- Xoves 15/5/2025: “Xestión do tempo en educación primaria” (dirixido a Ed. Primaria)
- Xoves 22/5/2025: “Acompañamento emocional na primeira infancia” (dirixido a Ed. Infantil)
Será unha moi boa ocasión para aprender a axudar á nosa cativada.
ANIMÁDEVOS!
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán
IMPORTANTE:
A inscripción realizarase no seguinte formulario: Inscripción Escola de Familias
O prazo de inscripción nos obradoiros finaliza dous días antes da celebración de cada un deles.
A ANPA pon a disposición dos asistentes un servizo de canguraxe para poder atender á cativada durante a celebración da Escola de Familias (entre as 16:00 e as 18:00 horas). Para facer uso del é imprescindible inscribir ós menores previamente a través do formulario.
Os asistentes non socios da ANPA deberán abonar unha cota de 4€ por obradoiro. A cota deberá abonarse en efectivo no local da ANPA (horario de luns a venres de 16:00-18:00h ).