Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISA

Seguimos demandando máis profesorado no noso colexio

October 30, 2025 at 3:42 pm

Estimadas familias

Na reunión celebrada o día 16 de outubro entre o Alcalde de Oleiros, a Concelleira de Ensino e membros da ANPA Valle Inclán e doutras ANPAs, dada a grave falta de profesorado e as consecuencias que está a ter na calidade do ensino no noso colexio actualmente, propúxose, entre outras medidas, a idea de realizar mobilizacións simultáneas nos centros educativos de Oleiros para denunciar estas carencias, contando coa participación do claustro e o alumnado.

Queremos informar pola presente que tras enviar ó claustro de mestres e mestras do CEIP Ramón Maria del Valle Inclán a devandita proposta de acción reivindicativa conxunta (achegamos documento AQUI), no consello escolar celebrado onte 29/10/2025 o Equipo Directivo do CEIP trasladou que o claustro de mestres e mestras do colexio non está disposto a participar nelas. Alegan a existencia dunha orde da Consellería dende inicio de curso de neutralidade ideolóxica.

Tampouco formularon ningunha mobilización alternativa que inclúa ó profesorado e instan a que sexan as familias e a cativada as que sigan facendo as protestas no exterior do centro.

Entrementres, a ANPA Valle Inclán non está disposta a renunciar a un ensino público de calidade para os nosos fillas e fillas e sigue traballando para dar visibilidade á situación de precariedade no colexio e esixir ós responsables dela que cese esta vulneración do dereito a unha educación pública digna.

Xa estamos a deseñar novas accións reivindicativas.

Aínda seguimos sen contestación por escrito ás peticións feitas ante a Inspección Educativa e a Dirección Xeral da Consellería.

Tamén estamos agardando a resposta do goberno da Xunta de Galicia ás preguntas rexistradas no Parlamento de Galicia ó respecto da situación no CEIP Valle Inclán.

Permanecede atentos nos próximos días, haberá novas.

Grazas pola vosa colaboración e implicación.

Feliz ponte!

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Recent Posts

  • 🧪👩‍🔬 CHARLAS DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Volve a Rialeda o programa "Ler para saber"
    16 Jan, 2026
  • O noso bosque
    14 Jan, 2026
  • Menú comedor segundo trimestre
    10 Jan, 2026
  • Felices Festas
    23 Dec, 2025
  • Reclamación individual falta de profesorado
    18 Dec, 2025
  • Enquisa: uso de pantallas en horario lectivo curso 2025 2026
    18 Dec, 2025
  • ANDAINA SOLIDARIA POLA NENA DE OLEIROS
    17 Dec, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more