Reclamación individual falta de profesorado
December 18, 2025 at 10:30 pm
Presentación escrito reclamación profesorado de forma individualDende a ANPA Valle-Inclán, seguimos loitando por unha educación pública de calidade.
O 19 de setembro de 2025, enviamos unha carta á inspección educativa e á dirección territorial, sen recibir resposta. Agora animámosvos a rexistrar a vosa queixa individual.
Do mesmo xeito que fixeron outras ANPAS , e coa colaboración da AFA Nos Oleiros, facilitámosvos as instrucións sobre como facelo.
Lembramos que só os escritos presentados mediante rexistro teñen validez oficial e obrigan á Administración a emitir resposta.
O escrito xa vai dirixido ás unidades competentes da Consellería de Educación (Secretaría Xeral Técnica, Direccións Xerais e Xefatura Territorial da Coruña), polo que non é necesario presentalo en máis dun lugar nin realizar trámites adicionais.
Chega con presentar unha única copia, e o propio rexistro encargarase da súa remisión interna.
📎 Descarga o documento aquí:https://docs.google.com/document/d/1W0hTrBaxG8ImImjl6D03zrn9LbXxIOCd/edit?usp=drivesdk&ouid=107621601991800427931&rtpof=true&sd=true
✅ Presentación por sede electrónica
1. Acceso á Sede Electrónica.
👉 https://sede.xunta.gal
TRAMITES : “Presentación de suxerencias e queixas”.
2. Identificación obrigatoria.
Chave365 - Certificado dixital - DNI electrónico - Cl@ve
3. Destinatario.
Consellería de Educación o Departamento Territorial Da Consellería de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional Da Coruña
4. Subida do documento.
Engadir o PDF do escrito e, de ser o caso, anexos adicionais.
5. Envío e xustificante.
Preme “Enviar” → descarga o acuse de recibo, que acredita oficialmente a presentación.
✅ Presentación presencial
Tamén se pode presentar o escrito de forma presencial en:
- Oficinas de rexistro da Xunta
- Oficinas de atención cidadá (Ventanilla Única / ORVE)
Documentación necesaria:
- Escrito impreso e asinado
- DNI da persoa titular
✅Comunicación á ANPA unha vez presentado
Para realizar un seguimento conxunto e ter unha estimación aproximada do número de reclamacións enviadas, agradecemos que as familias que presenten o escrito (por vía electrónica ou presencial) nos envíen un correo confirmando a presentación.
Moitas grazas pola vosa aportación.
¡Dereito a un ensino público de calidade!!
Xunta directiva ANPA Valle Inclán