Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISAS USO PANTALLAS
  • CONSELLO ESCOLAR

Campamento de Ciencias no Valle Inclán de Oleiros

22 Jun, 2026
2026_Campa_veran_ciencias_cartel.jpeg

Chega o verán e chega tamén unha proposta perfecta para aprender, experimentar e pasalo en grande: o Campamento de Ciencia no CEIP Valle Inclán.

Do 29 de xuño ao 3 de xullo, en horario de 9:00 a 14:00 horas, as crianzas poderán gozar dunha semana chea de descubrimentos, experimentos, obradoiros prácticos e saídas a espazos de referencia científica, como a Casa das Ciencias, nun programa pensado para aprender facendo e pasalo en grande..

Ademais, o campamento conta con servizo de madrugadores e comedor, para facilitar a conciliación das familias durante estes días de verán.

Esta actividade está dirixida exclusivamente ao alumnado que cursou 4º, 5º ou 6º de Primaria en colexios públicos do Concello de Oleiros. As prazas son limitadas, por orde de inscrición, e terán prioridade as familias socias da ANPA Valle Inclán, polo que recomendamos facer a inscrición canto antes.

O proxecto está subvencionado polo Concello de Oleiros e conta coa colaboración do Clube de Ciencia do CEIP Valle Inclán, Museos Científicos Coruñeses, CEIDA e a Facultade de Ciencias da UDC.

Inscrición: Fai clic nesta ligazón

Xunta directiva ANPA Valle Inclán



Doazóns libros de texto para o fondo de libros solidario

15 Jun, 2026, No comments
Estimadas familias:

Como sabedes, a ANPA xestiona un banco de libros formado polas doazóns das familias do centro do que se benefician outras familias.

Hoxe ábrese o prazo de doazóns e dende a ANPA animámosvos a participar. É unha forma de fomentar o aforro, o consumo responsable e a solidariedade entre todos os que formamos parte do cole.

Se queredes colaborar, deberedes cubrir o seguinte formulario: https://docs.google.com/forms/d/e/1FAIpQLSeyo1s-wjlDn6YQmjoGWFpf6a_FJ6Hc4dztxzWPk2jjcMV57w/viewform?usp=publish-editor e levar os vosos libros ao local da ANPA esta semana de 9:00 a 9:10 e de 16:00 a 18:00 horas.

Lembrade que para que outros nenos y nenas podan aproveitalos, os libros deben estar en bo estado (sen follas rotas nin exercicios resoltos a bolígrafo).

Próximamente informaremos sobre o prazo e o procedimento para solicitar o préstamo dos libros recollidos.

¡Cada libro conta! Grazas pola vosa colaborazón para facer que este curso sexa un pouco máis fácil para todos. 

D25893FD-9D39-511A-A64C07C5425CCBC2.jpg


FESTA FIN DE CURSO 2026

12 Jun, 2026

Estimadas familias:

Comprácenos informarvos de que o derradeiro día de curso, o venres 19 de xuño, entre as 16:00 e as 19:00 horas, celebraremos a Festa de Fin de Curso á que toda a comunidade educativa está convidada.

Haberá dous inchables, música, fotomatón e xogos de auga para a cativada. Como sempre, contaremos tamén co posto de Merendiñas que preparan as familias de 6º de Educación Primaria, co que recadarán fondos para a súa viaxe de fin de curso.

Por último, vos lembramos que esa tarde non haberá actividades extraescolares no colexio, polo que as crianzas terán que estar acompañadas dun adulto a partir das 16:00 da tarde.

O acceso ó invernadoiro está  prohibido.

Animádevos a vir para despedir este ano lectivo e dar a benvida ao verán. Seguro que o pasaremos moi ben.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Festa_Fin_de_Curso_2026.jpg

Plataforma de inscricións de comedor,mañanceiros e cambiadores 2026-2027

10 Jun, 2026
Estimadas familias,

A empresa Jardanay puxo en marcha unha nova web para a xestión do servizo de comedor, mañanceiros e cambiadores do curso 2026-2027.

Esta primeira fase (do 8 ao 17 de xuño) está destinada unicamente á creación do perfil familiar na plataforma. Podedes acceder premendo aquí e completar o rexistro.

AVISO IMPORTANTE

Nesta fase NON é necesario achegar documentación acreditativa do curso 2026-2027 (pagamentos, números de socio/a ou outros servizos).

Na segunda fase (do 18 de xuño ata o 31 de agosto)poderedes apuntarvos ós servizos que precisedes.

Grazas pola vosa colaboración.

Enquisa E-Dixgal 2025 2026

8 Jun, 2026

edixgal_enquisa.png

Estimadas familias:

Como en anos anteriores, e xa case rematado o curso, a ANPA Valle Inclán quere recadar as opinións das familias do alumnado sobre o programa E-Dixgal.

Os datos serán trasladados ó Consello Escolar e ó Claustro de mestres e mestras neste final de curso.

Nesta ocasión, hai dous formularios:

- unha enquisa para as familias dende 4º Ed. Infantil a 4º de Ed. Primaria:

https://docs.google.com/forms/d/1QlcU8dr97PTa1a1ggnwpQYsLH-ZRBB8dePyf1cyntUE/edit

- unha enquisa específica para as familias de 5º e 6º Ed. Primaria, usuarias de E-Dixgal neste curso 2025 2026:

https://docs.google.com/forms/d/1SBkvZpGwbYfqL7n1SzoX-6azzwfGefjReD7Nfh9Sgb0/edit

Pedímoste que realices esta breve enquisa anónima para poder seguir recadando o maior número de datos sobre este tema.

O prazo para cumprimentala finaliza o 17 de xuño.

Moitas grazas pola vosa colaboración.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

CONVOCATORIA DAS PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2026/2027

30 May, 2026, No comments




O próximo luns 1 de xuño ábrese o prazo de presentación das solicitudes para a prestación de apoio a comedor escolar do Concello de Oleiros para o curso 2026/2027.

Lembramos ás familias que estas prestacións son só para persoas empadroadas no  noso Concello, que estean matriculadas en colexios públicos, tamén do termo municipal e que o comedor  escolar sexa xestionado polas ANPAS ou AFAS.

Recomendamos ás familias que lean con atención todos os requisitos, para saber se os cumpren ou non,  que asinen todos os consentimentos e todas as persoas da unidade de convivencia, e que acheguen toda a documentación necesaria, para poder descontar os gastos recollidos na ordenanza.

Poden atopar toda a información na seguinte ligazón web: 

PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR CURSO 2026/2027


Asemblea extraordinaria mércores 20/5/2026

19 May, 2026

convocatoria.jpg

Estimadas familias,

Lembrade que mañá 20 de maio celebrarase a asemblea de familias socias.

Será ás 16.00 horas en 1ª convocatoria e ás 16.30 en 2ª convocatoria, no Comedor escolar.

Abordaremos moitos temas de interese, como son o campamento de verán, as actividades extraescolares ou o servizo de comedor.

Tamén trataremos do programa E-Dixgal, un tema que preocupa moito ás familias.

A ANPA invitou formalmente ó Equipo Directivo e a representantes do Claustro a participar nesta asemblea para detallar o uso de E-Dixgal no colexio.

Aínda que declinaron a nosa invitación por estar ocupados co final de curso, tentaremos informarvos convenientemente sobre esta cuestión.

Lembrade que, ademais da presentación da memoria anual e a tradución dos estatutos, tamén trataremos unha cuestión de moita importancia para a asociación, como é a próxima renovación dos cargos da Xunta Directiva da ANPA.

Tedes toda a información relativa á asemblea na web da ANPA, na seguinte ligazón:

https://anpa-valle-inclan.mozello.com/quenes-somo/asembleas/

Animádevos a participar. Agardamos a vosa presencia.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Gran estrea "IRMÁS"

19 May, 2026, No comments
🎭O alumnado da actividade de teatro musical do noso colexio sobe ao escenario para presentar unha obra chea de música, emoción e talento .
Despois de meses de ensayos, esforzo e ilusión, chega o momento de compartir con todas as familias e amizades este espectáculo tan especial
📅12 de Xuño
⏰16:30h
📌CEIP Ramón  Maria del Valle-Inclán

Agardámosvos para gozar dunha tardes inesquecible da man dos  nosos pequeños grandes artistas!🌟

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

E-Dixgal prorrógase dous cursos por decisión do Claustro

7 May, 2026
ad.jpg

Estimadas familias,

Onte tivo lugar a xuntanza do Claustro de mestres e mestras onde foi aprobada por maioría a prórroga do programa E-Dixgal no noso colexio.

Na posterior xuntanza do Consello Escolar xa non tivemos oportunidade de someter a votación a medida entre as representantes da ANPA, das familias, do Concello, representantes do persoal docente e non docente e o Equipo Directivo.

Previamente a ámbalas dúas xuntanzas, enviamos unha carta subscrita polas representantes das familias e a representante da ANPA Valle Inclán no Consello Escolar dirixida á totalidade dos membros que constitúen o Claustro e o Consello.

A carta recolle a opinión xeral das familias ás cales representamos e por elo pedimos que fose lida antes das respectivas votacións dos membros dous órganos colexiados en torno á renovación de E-Dixgal, aínda que a votación do Consello xa non se produciu.

Solicitamos tamén que se incorporase a carta e o conxunto das vosas sinaturas (un total de 203 persoas asinaron pola non renovación de E-Dixgal) ás respectivas actas de sesión de onte mércores 6 de maio de 2026 do Claustro e do Consello.

Podedes consultar a carta enviada premendo AQUÍ.

Grazas a todas as familias que se mobilizaron e á implicación e ó interese de todos os que asinastes.

Por un ensino público de calidade.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán


🎨 MOSTRA DE PINTURA NosArte, "A Primavera"

7 May, 2026

TARXETON_MAIO__1_.jpg

📅 Do 8 ao 23 de maio

O Centro Cultural A Fábrica, en Perillo, acollerá desde o venres 8 ao sábado 23 de maio a mostra de pintura de NOSARTE denominada “A Primavera”.

Trátase dunha exposición de debuxo e pintura realizada polos nenos e nenas dos CEIP Juana de Vega, Valle Inclán e A Rabadeira e que asisten ás clases de NosArte; arte e pintura, dirixidas pola profesora Laura Gualda,

A exposición inaugurarase o venres 8 de maio ás 20.00 na Fábrica.

O horario de visita será de luns a venres, de 9.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.30 horas e sábados de 10.00 a 13.30 horas.

CAMPAMENTO VERÁN 2026

7 May, 2026, No comments
Screenshot_20260507-145930.jpg

Queridas familias!!!

Xa é Maio e todos comenzamos a pensar no verán....e na conciliación.....

Chega o campamento de verán 2026, teremos sede no noso colexio.

Toda a información e inscrición na seguiste ligazón :https://forms.gle/N27zwo6BwHzE3NFh8

Calqueira dúbida podedes contactar no seguiste número de teléfono: 647980733

Agardamos que sexa un verán de disfrute!!!

Xunta directiva ANPA Valle Inclán 


🧪 CHARLA CIENTÍFICA “Explorando o universo microscópico”

7 May, 2026

Captura_de_pantalla_2026-05-07_155059.jpg

🧪 CHARLA CIENTÍFICA || “Explorando o universo microscópico” con Elena Fernández González , graduada en bioloxía pola UDC.

📅 Venres 8 de maio

🕑 18:30 h

📌 Biblioteca Rialeda

O venres 8 de maio ás 18:30h terá lugar unha nova charla científica incluídas no programa Ler para Saber, organizado pola Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros en colaboración coa UDC.

Os obxectivos do programa “Ler para saber” son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

As charlas de divulgación científica dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e para público en xeral.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

Máis información na Biblioteca Rialeda.

6M - Mobilizacións de toda a comunidade educativa galega

5 May, 2026, No comments

Estimadas familias,

O vindeiro mércores 6 de maio a comunidade educativa galega volverá saír á rúa en defensa do ensino público. Farao nunha xornada de mobilizacións convocada en máis de vinte localidades, impulsada por unha rede ampla e plural de ANPAs, colectivos da comunidade educativa, profesorado e estudantado, para reclamar máis medios, máis profesorado e mellores condicións nos centros.

Como non podía ser doutra maneira, desde a ANPA do CEIP Valle Inclán imos participar nesta mobilización e queremos animarvos a acompañarnos nesta convocatoria.É importante porque o que está en xogo non é só a situación dun centro ou dun curso concreto, senón a calidade da escola pública que queremos para as nosas crianzas: unha escola con recursos suficientes, atención digna para todo o alumnado e condicións que permitan ensinar e aprender con normalidade.

No noso cole sabemos ben do que falamos. Ao longo deste curso vivimos en primeira persoa as consecuencias dos recortes e da falta de profesorado, e iso afectou ao día a día do centro e xerou preocupación.

Ademais, sabemos que o profesorado e o equipo directivo tamén están a soportar unha grande carga de traballo e que sofren en primeira persoa as consecuencias dos recortes, da falta de recursos, da necesidade constante de adaptación e mesmo da incorporación de novas esixencias tecnolóxicas sen que sempre vaian acompañadas da formación, do tempo e dos medios necesarios. E, malia todo iso, seguen sostendo o día a día do centro o mellor que poden, tamén nas tormentas.

Por iso cremos que esta mobilización merece o apoio das familias: porque defender o ensino público é tamén defender o benestar do alumnado e das persoas que o sosteñen cada día.

Vémonos o mércores ás 18:00 no parque de Catro Camiños, detrás do Remanso


https://asembleasensino.gal/mobilizacions/

6M - Mobilizacións de toda a comunidade educativa galega

WhatsApp_Image_2026-05-04_at_09_26_38.jpeg

NON prórroga E-Dixgal no cole

5 May, 2026

enquisa_recorte_mp.png

Estimadas familias,

Como sabedes, o CEIP Ramón María del Valle Inclán solicitou a súa incorporación ó Proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) en marzo de 2022.

Transcorridos catro cursos dende a implantación do programa, o compromiso de permanencia  finaliza este ano.

Maña mércores 6 de maio, o Claustro de mestres e mestras e o Consello Escolar, os dous órganos colexiados do CEIP, votarán a prórroga da permanencia do noso centro no Proxecto E-Dixgal.

Na asemblea de familias socias da ANPA Valle Inclán do pasado 19 de setembro de 2025 aprobouse por unanimidade que o representante da ANPA no Consello Escolar votará a NON prorrogación do programa E-Dixgal no CEIP Ramón María del Valle Inclán.

A ANPA Valle Inclán leva moitos anos promovendo actividades, charlas, faladoiros... para informar a toda a comunidade educativa sobre os efectos do uso das tecnoloxías na infancia e adolescencia. Realizáronse enquisas entre ás familias e abríronse oportunidades de debate nos Consellos Escolares en torno a este tema.

Nas últimas semanas, un numeroso grupo de familias estanse a mobilizar, preocupadas polo impacto na saúde dos nosos fillos e fillas do uso programa E-Dixgal como ferramenta pedagóxica na escola, xa que proporciona ó alumnado a partir de 9 anos ordenadores individuais sen control parental e unha identidade dixital.

Estas familias recollen sinaturas de nais e pais de alumnado para solicitar a NON renovación de E-Dixgal. Xa celebraron unha xuntanza co Equipo Directivo para amosar as súas inquedanzas e buscar o consenso.

A decisión a tomar ten un impacto directo na saúde física e mental dos nosos fillos e fillas, non se trata solo dunha decisión pedagóxica de centro.

Medrar con pantallas non é sinónimo de progreso. A día de hoxe a tendencia de moitos estados, de moitas administracións, dos profesionais da pedagoxía e da psicoloxía... é eliminar a tecnoloxía dixital e as pantallas das aulas e do ámbito familiar, para protexer á infancia e á mocidade de graves prexuízos.

Pero os nosos fillos e fillas non poden esperar a que a Consellería tome a decisión de mellorar estes aspectos.

Para todos nós, a escola debe ser un lugar seguro e saudable para a infancia.

A decisión hai que tomala agora porque os nosos fillos e fillas non esperan, xa están medrando e merecen un ensino público de calidade.

Aínda se están a recoller sinaturas, podedes firmar:

- No colexio (de 7:30 a 18:00 h. no taboleiro fronte o local da ANPA)

- Na oficina de Correos de Perillo (8:30 a 20:30 h., preguntade no mostrador, non é preciso facer cola).


Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Charla científica hoxe 10/4/26 en Rialeda: "“CITEECONTO QUE FACEMOS”

10 Apr, 2026

Cartel_Charlas_Cientificas_2026-1.jpg


🧪 CHARLAS CIENTÍFICAS || “CITEECONTO QUE FACEMOS” con Fernando Martínez Abella, Director Científico do Centro de Innovación Tecnolóxica en Edificación e Enxeñería Civil (CITEC)

📅 Venres 10 de abril

🕛 18:30 h

📌 Biblioteca Rialeda

ℹ O programa “Ler para saber: charlas de divulgación científica” volve á biblioteca Rialeda hoxe.

Hoxe, 10 de abril ás 18:30h, terá lugar a cuarta das charlas científicas incluídas no programa Ler para Saber, organizado pola Rede de Bibliotecas Públicas do Concello de Oleiros en colaboración coa UDC.

Os obxectivos do programa “Ler para saber a ciencia” son achegar a ciencia a todas as persoas, ampliar os coñecementos científicos da cidadanía, fomentar a lectura e consultas sobre temas relacionados coa ciencia e o coñecemento específico dunha materia determinada ademais de dinamizar os fondos bibliográficos sobre estes temas nas bibliotecas municipais.

As charlas de divulgación científica están dirixidas a nenas e nenos, a partir de 10 anos, adolescentes e público en xeral.

O alumnado de 3º ciclo de primaria do CEIP Ramón María del Valle Inclán participa tamén nesta actividade da man da titora Fina Mosquera Roel.

A entrada é de balde para toda aquela persoa que desexe asistir.

Máis información na Biblioteca Rialeda.

Agardamos que sexa do voso interese.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Obradoiro sábado 11 de abril: Sementando bo trato

8 Apr, 2026

obradoiro_educacion_emocional.jpg


Dende a ANPA Bidueiro do CEIP Isidro Parga Pondal de Santa Cruz, convidan ás familias a participar neste obradoiro sobre educación emocional e mediación: Sementando bo trato.

Levarase a cabo nas Torres de Santa Cruz este sábado 11 de abril a partir das 11h.

🚨Para asistir é necesaria inscrición:

https://www.oleiros.org/web/forms/shared/-/form/2518911

Coa colaboración do Concello de Oleiros.

Agardamos que sexa do voso interese.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Menú comedor escolar terceiro trimestre

8 Apr, 2026, No comments
Queridas familias:
Compartimos convosco o menú do terceiro trimestre .

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Screenshot_20260408-002016.jpg



Xornada «NON DEIXEMOS QUE O FUTURO NOS LEVE AO PASADO»

26 Mar, 2026

unnamed.jpg

Dende a Deputación da Coruña comparten a celebración da xornada «NON DEIXEMOS QUE O FUTURO NOS LEVE AO PASADO», centrada nas violencias machistas dixitais.


Nesta xornada abordarase o rexurdimento dos discursos de odio contra as mulleres e do conservadurismo relacional, impulsado por fenómenos como a manosfera, as estéticas da submisión, os algoritmos e a intelixencia artificial, unha realidade que está a aumentar no mundo dixital e que xa deixa pegada no mundo real.


O encontro terá lugar o 23 de abril en horario de mañá e tarde no Museo MUNCYT da Coruña e contará con relatoras e relatores de altísimo nivel:


Asunción Bernárdez · Iria Vázquez · Ferran Lalueza · Jorge García · Laura Castro · José Julio Fernández · Teresa Piñeiro · Elisa García · Sara Vierna · Priscila Retamozo · Paloma Piot · Nuria Alabao · @prado_rua · @adochinto · @mgmiguelgarcia · @antontisimo


Para asistir é necesario rexistrarse previamente a través desta ligazón. As prazas son limitadas e asignaranse por rigorosa orde de inscrición, podedes consultar máis información en

https://defronte.gal/xornada-violencias-machistas-dixitais/.


Agardamos que sexa do voso interese

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Xornada de formación para familias de Educación Primaria "Comprendendo e acompañando o desenvolvemento dos nosos fillos e fillas"

26 Mar, 2026

Data: Sábado día 11 de abril

Horario: De 9:00 a 14:00 horas

Lugar: Sede Federación Prov. ANPAS da Coruña. Rúa Orzán nº 21 15001 A Coruña

Impartida por: Lorena Cotelo (Terapeuta Ocupacional) e Jacobo Mosquera (Educador Social)


Durante a sesión abordaremos de maneira clara e útil temas clave do desenvolvemento infantil

  • Desenvolvemento infantil: Como crecen e aprenden os nenos e nenas, e que esperar en cada etapa.

  • Sinais de alerta: Que observar para detectar posibles dificultades a tempo.

  • Dificultades de aprendizaxe e TDAH: Comprender estes desafíos e saber como actuar desde casa e en colaboración coa escola.

  • Conduta: Estratexias para acompañar o comportamento infantil desde o respecto e a empatía.

  • O labor educativo da familia: Como inflúe a contorna familiar no desenvolvemento persoal e escolar.

  • Educación consciente no fogar: Ferramentas para criar con presenza, afecto e límites saudables.

Esta formación está deseñada para que saiades con recursos concretos, ideas prácticas e unha maior comprensión das necesidades dos vosos fillos e fillas. Haberá espazo para preguntas, intercambio de experiencias e resolución de dúbidas, nun ambiente próximo e participativo

Facede a inscrición, con data límite do día 9 de abril, no enlace seguinte.

Saúdos

Xunta Directiva Federación Prov. Anpas

https://forms.gle/N9MnfLt8SJpJqT4v8

❤️ Grazas por participar

15 Mar, 2026


❤️ Grazas por participar no faladoiro organizado polas ANPA/AFA de Oleiros e Escola Saudable coa colaboración do Concello de Oleiros.


Unha actividade necesaria para facer comunidade en torno a un tema tan relevante coma o uso das pantallas pola cativada. 

Avanzamos paso a paso.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Load more

Recent Posts

  • Campamento de Ciencias no Valle Inclán de Oleiros
    22 Jun, 2026
  • Doazóns libros de texto para o fondo de libros solidario
    15 Jun, 2026
  • FESTA FIN DE CURSO 2026
    12 Jun, 2026
  • Plataforma de inscricións de comedor,mañanceiros e cambiadores 2026-2027
    10 Jun, 2026
  • Enquisa E-Dixgal 2025 2026
    8 Jun, 2026
  • CONVOCATORIA DAS PRESTACIÓNS DE APOIO AO COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO 2026/2027
    30 May, 2026
  • Asemblea extraordinaria mércores 20/5/2026
    19 May, 2026
Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more