ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES 2026-2027
July 17, 2026 at 9:10 am,
No comments

Estimadas familias:
Hoxe abrimos o prazo para apuntarse nas actividades extraescolares do curso 26/27, como en anos anteriores comezarán o primeiro día lectivo.
Recordade que para inscribirse nas actividades é necesario ser familia socia da Anpa.
Para darse de alta ou para renovar a inscripción, debedes rexistrarvos na plataforma de Miampa (se non o fixéchedes anos anteriores), pagar a cota de 35€ por familia e enviar o xustificante da transferencia ao noso correo (valleinclananpa@gmail.com).
Tedes máis información na plataforma MIAMPA no menú actividades extracurriculares
Un saúdo,
Xunta Directiva Anpa Valle Inclán