Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISAS USO PANTALLAS

NON prórroga E-Dixgal no cole

May 5, 2026 at 1:08 pm

enquisa_recorte_mp.png

Estimadas familias,

Como sabedes, o CEIP Ramón María del Valle Inclán solicitou a súa incorporación ó Proxecto de Educación Dixital (E-Dixgal) en marzo de 2022.

Transcorridos catro cursos dende a implantación do programa, o compromiso de permanencia  finaliza este ano.

Maña mércores 6 de maio, o Claustro de mestres e mestras e o Consello Escolar, os dous órganos colexiados do CEIP, votarán a prórroga da permanencia do noso centro no Proxecto E-Dixgal.

Na asemblea de familias socias da ANPA Valle Inclán do pasado 19 de setembro de 2025 aprobouse por unanimidade que o representante da ANPA no Consello Escolar votará a NON prorrogación do programa E-Dixgal no CEIP Ramón María del Valle Inclán.

A ANPA Valle Inclán leva moitos anos promovendo actividades, charlas, faladoiros... para informar a toda a comunidade educativa sobre os efectos do uso das tecnoloxías na infancia e adolescencia. Realizáronse enquisas entre ás familias e abríronse oportunidades de debate nos Consellos Escolares en torno a este tema.

Nas últimas semanas, un numeroso grupo de familias estanse a mobilizar, preocupadas polo impacto na saúde dos nosos fillos e fillas do uso programa E-Dixgal como ferramenta pedagóxica na escola, xa que proporciona ó alumnado a partir de 9 anos ordenadores individuais sen control parental e unha identidade dixital.

Estas familias recollen sinaturas de nais e pais de alumnado para solicitar a NON renovación de E-Dixgal. Xa celebraron unha xuntanza co Equipo Directivo para amosar as súas inquedanzas e buscar o consenso.

A decisión a tomar ten un impacto directo na saúde física e mental dos nosos fillos e fillas, non se trata solo dunha decisión pedagóxica de centro.

Medrar con pantallas non é sinónimo de progreso. A día de hoxe a tendencia de moitos estados, de moitas administracións, dos profesionais da pedagoxía e da psicoloxía... é eliminar a tecnoloxía dixital e as pantallas das aulas e do ámbito familiar, para protexer á infancia e á mocidade de graves prexuízos.

Pero os nosos fillos e fillas non poden esperar a que a Consellería tome a decisión de mellorar estes aspectos.

Para todos nós, a escola debe ser un lugar seguro e saudable para a infancia.

A decisión hai que tomala agora porque os nosos fillos e fillas non esperan, xa están medrando e merecen un ensino público de calidade.

Aínda se están a recoller sinaturas, podedes firmar:

- No colexio (de 7:30 a 18:00 h. no taboleiro fronte o local da ANPA)

- Na oficina de Correos de Perillo (8:30 a 20:30 h., preguntade no mostrador, non é preciso facer cola).


Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Recent Posts

  • 6M - Mobilizacións de toda a comunidade educativa galega
    5 May, 2026
  • NON prórroga E-Dixgal no cole
    5 May, 2026
  • Charla científica hoxe 10/4/26 en Rialeda: "“CITEECONTO QUE FACEMOS”
    10 Apr, 2026
  • Obradoiro sábado 11 de abril: Sementando bo trato
    8 Apr, 2026
  • Menú comedor escolar terceiro trimestre
    8 Apr, 2026
  • Xornada «NON DEIXEMOS QUE O FUTURO NOS LEVE AO PASADO»
    26 Mar, 2026
  • Xornada de formación para familias de Educación Primaria "Comprendendo e acompañando o desenvolvemento dos nosos fillos e fillas"
    26 Mar, 2026

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more