Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS

Charla para familias: Retos e desafíos na infancia cun diagnóstico TEA

May 12, 2025 at 11:48 am

CARTEL_CHARLA_FAMILIAS_TEA.jpg

Estimadas familias,

O Concello de Oleiros, desde o Programa de Familias Inquedas, organiza unha charla aberta o vindeiro xoves 15 de maio ás 18:30 h no Auditorio das Torres de Santa Cruz.

O título da charla é “Retos e desafíos na infancia cun diagnóstico TEA” e será impartida por Rocío Salgado, psicóloga e terapeuta familiar especializada en acompañamentos a persoas no espectro autista e as súas familias.

O TEA (Trastorno do Espectro Autista) afecta a áreas fundamentais no desenvolvemento dunha persoa repercutindo na súa vida diaria. As familias das nenas e nenos con este diagnóstico son claves na súa evolución, pero en moitas ocasións síntense soas e incomprendidas.

Por iso precisan tanto de apoios externos como de espazos nos que expresarse libremente, onde se lles escoite sen sentirse xulgadas. Coidar o seu benestar emocional e psicolóxico é esencial para o desenvolvemento dos seus fillos e fillas.

Dende o Concello de Oleiros ofrécese esta charla aberta sobre estas cuestións na que ademais se informará da existencia dun grupo estable de apoio para familias nesta situación.

Para acudir á charla non é necesaria a inscrición previa.

Agardamos que sexa do voso interese.

Xunta DIrectiva ANPA Valle Inclán

Recent Posts

  • Escola de familias 22/05/2025: "Acompañamento emocional na primeira infancia"
    20 May, 2025
  • O NOSO COLEXIO, ESPAZO SEN FUME
    19 May, 2025
  • LETRAS GALEGAS 2025: CANTAREIRAS, O CANTAR QUE NUNCA ACABA
    17 May, 2025
  • Xoves 15/5/2025 - 16.15h: Escola de familias “Xestión do tempo en educación primaria"
    14 May, 2025
  • Charla para familias: Retos e desafíos na infancia cun diagnóstico TEA
    12 May, 2025
  • Entradas RC Deportivo Abanca
    8 May, 2025
  • Ler para saber a ciencia: "Experimentos caseiros para comprender o noso planeta"
    8 May, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more