Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS

Xoves 8/5/2025 - 16.15h: Escola de familias “Fomentando a autonomía nas tarefas escolares”

May 6, 2025 at 3:44 pm

4.jpg

Boas!!

Aínda estades a tempo de apuntarvos na terceira charla da Escola de Familias, “Fomentando a autonomía nas tarefas escolares”.

Aprenderemos como funciona o cerebro dos nosos fillos cando estudan, e que factores inflúen na adquisición de aprendizaxes duradeiras e profundas. Nesta charla coñeceremos as claves dos aliados da aprendizaxe, aqueles que nos axudan a crear un ambiente educativo máis eficaz e estimulante.

A actividade está dirixida a toda a comunidade educativa (pais, nais e docentes) e será facilitada por Clara Rodríguez, orientadora educativa con ampla experiencia en educación formal e formación de futuros docentes.

Lembrade, están programados dous obradoiros máis:

- Xoves 15/5/2025: “Xestión do tempo en educación primaria” (dirixido a Ed. Primaria)

- Xoves 22/5/2025: “Acompañamento emocional na primeira infancia” (dirixido a Ed. Infantil)


Será unha moi boa ocasión para aprender a axudar á nosa cativada.

ANIMÁDEVOS!

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán


IMPORTANTE:

A inscripción realizarase no seguinte formulario: Inscripción Escola de Familias

O prazo de inscripción nos obradoiros finaliza dous días antes da celebración de cada un deles.

A ANPA pon a disposición dos asistentes un servizo de canguraxe para poder atender á cativada durante a celebración da Escola de Familias (entre as 16:00 e as 18:00 horas). Para facer uso del é imprescindible inscribir ós menores previamente a través do formulario.

Os asistentes non socios da ANPA deberán abonar unha cota de 4€ por obradoiro. A cota deberá abonarse en efectivo no local da ANPA (horario de luns a venres de 16:00-18:00h ).

Recent Posts

  • Entradas RC Deportivo Abanca
    8 May, 2025
  • Ler para saber a ciencia: "Experimentos caseiros para comprender o noso planeta"
    8 May, 2025
  • Xoves 8/5/2025 - 16.15h: Escola de familias “Fomentando a autonomía nas tarefas escolares”
    6 May, 2025
  • Charla aberta: “O acollemento familiar: unha oportunidade para a rapazada no sistema de protección”
    5 May, 2025
  • Campamento de Verán 2025
    25 Apr, 2025
  • Feliz Día do Libro!!! 📚❤️🌹
    23 Apr, 2025
  • Charla aberta organizada polo Concello de Oleiros: "A comunicación non violenta nas relacións familiares"
    22 Apr, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more