Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS

Charla aberta: “O acollemento familiar: unha oportunidade para a rapazada no sistema de protección”

May 5, 2025 at 10:24 am

CHARLA_ACOUGO_CARTEL.jpg

Bo día familias!

O Concello de Oleiros, desde o Programa de Familias Inquedas, organiza en colaboración coa Asociación ACOOUGO unha charla aberta o vindeiro xoves 8 de maio ás 18:30 h no Auditorio das Torres de Santa Cruz.

O título da charla é “O acollemento familiar: unha oportunidade para a rapazada no sistema de protección” e será impartida polo equipo técnico da Asociación ACOUGO, unha ONG comprometida co benestar da infancia.

A defensa das persoas menores de idade que están dentro do sistema de protección á infancia é o gran compromiso desta entidade, ofrecendo o seu apoio a familias, administracións e sociedade en xeral para acadar este obxectivo.

O fin desta charla é dar a coñecer as distintas actividades e programas que se impulsan e leva a cabo dende a Asociación ACOUGO para protexer a infancia, dende o apoio a familias acolledoras como os diversos proxectos nos que a sociedade pode colaborar para ser referente de persoas menores de idade que están dentro do sistema de protección.

Non é necesaria a inscrición previa para asistir a charla.

Haberá un servizo de conciliación para aquelas persoas que o precisen. Para facer uso deste servizo teñen que contactar no 622672188 ou ben a través do enderezo electrónico info@acougo.gal

Agardamos que sexa do voso interese.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Recent Posts

  • Entradas RC Deportivo Abanca
    8 May, 2025
  • Ler para saber a ciencia: "Experimentos caseiros para comprender o noso planeta"
    8 May, 2025
  • Xoves 8/5/2025 - 16.15h: Escola de familias “Fomentando a autonomía nas tarefas escolares”
    6 May, 2025
  • Charla aberta: “O acollemento familiar: unha oportunidade para a rapazada no sistema de protección”
    5 May, 2025
  • Campamento de Verán 2025
    25 Apr, 2025
  • Feliz Día do Libro!!! 📚❤️🌹
    23 Apr, 2025
  • Charla aberta organizada polo Concello de Oleiros: "A comunicación non violenta nas relacións familiares"
    22 Apr, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more