Concesión da subvención do Concello Oleiros 2024

Conforme á notificación do Decreto da Alcaldía nº 767750, de 17 de outubro, mediante o que se resolveu a concesión de subvencións a entidades do ano 2024 para a promoción e difusión da cultura e o deporte, a ANPA Valle Inclán recibirá un total de 15.543,83 euros para sufragar parcialmente os gastos do exercicio correspondentes á realización das seguintes actividades:
· Campamento de Ciencia
· Formación para familias e docentes
· Obradoiros formativos para o alumnado
· Festas escolares
· Agasallos de graduación para 6º de Educación Primaria
· Subscrición á revista Pantera para a Biblioteca escolar
· Actividades extraescolares para o alumnado:
Teatro musical
Robótica
Música e movemento
Hockei iniciación
Hockei II
Baile galego e pandeireta
Balonmán
Xadrez
Baloncesto
Patinaxe
Xogos e psicomotricidade
Acrodance
Arte e pintura