Presentación de 'Cuentos con corazón y mucha naturaleza'
Estimadas familias,
María Mayorga Martín, escritora, periodista, educadora social, formadora de formadores e asesora de escolas e docentes, fundadora do proxecto In Natura, presentou esta semana na Biblioteca e Centro de Documentación Ambiental do CEIDA o segunda edición do seu libro 'Cuentos con corazón y mucha naturaleza'.
'Cuentos con corazón y mucha naturaleza' conta cunha primeira parte sobre a narrativa, fundamentación e estrutura dos contos; e unha segunda parte que recolle 13 contos que nos invitan a ir de aventuras e andanzas polos diferentes entornos naturais. Todos eles poden ser contados ó aire libre e con elementos naturais.
Con ilustracións de Iria Cagigao, a obra inclúe unha guía didáctica sonora coa voz de María Llorens. O prólogo é obra de Antonio Rincón e conta cun preámbulo de Katia Hueso e Gisela Narvaja.
Un libro para familias exploradoras, docentes verdes e todas aquelas persoas amantes da literatura e sensibles coa natureza e o mundo silvestre.
A ANPA Valle Inclán adquiriu un exemplar do libro para doar á biblioteca do noso colexio.
Agardamos que o equipo docente e o alumnado do noso colexio desfruten moito con el.