Festa Fin de Curso 2023-2024 · venres 21 de xuño
Benqueridas
familias !!!
O venres 21 de xuño a ANPA Valle Inclán organiza unha festa de Fin de Curso no cole.
Pola mañá, a ANPA costeará a actuación da Compañía N+1, co espectáculo “Circanelo”, unha proposta do artista Alfredo Perez Muíño baseada no teatro xestual, danza e acrobacia con rexistro de clown. Será en horario lectivo e en dous pases para todo alumnado do centro.
Pola tarde, entre as 16:00 e as 19.30 h, toda a comunidade educativa do noso colexio está convidada a participar nesta festa para dar a benvida ó verán.
Lembrade que a partires das 16:00 h. non haberá monitorado para facerse cargo do alumnado, polo que todos os menores deberán estar acompañados das súas familias.
16:00 h.
- EXHIBICIÓNS do alumnado de actividades extraescolares do cole no patio cuberto do edificio de primaria
16:05 h. Guitarra
16:15 h. Acrodance
16:25 h. Baile galego e pandeireta
16:50 h.Teatro Musical
- MOSTRA DE ARTE do alumnado de NosArte
- MERENDIÑAS. Apertura dos postos de venda das familias de 6º de EP para recadar fondos para a viaxe de fin de curso.
17:30 h.
OBRADOIROS
XOGOS DE ANIMACIÓN (RECOMENDABLE TRAER MUDA E CHANCLETAS!!)
FOTOMATÓN (de 17.30 a 19.30)
DICIMOSLLE OLA Ó VERÁN!!! AGARDÁMOSVOS!!!
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán