Iniciativa "Infancia sen Smartphone"
March 2, 2024 at 9:45 pm
Estimadas familias:
Dende a ANPA gustaríanos compartir a iniciativa "Infancia sen Smartphone", que arrincou aquí en Oleiros o ano pasado dende quinto de primaria do noso cole e pretende informar ás familias sobre os retos que supoñen os teléfonos móbiles con conexión a Internet para os nosos fillos e fillas e retrasar a entrega dos mesmos ata que estéan preparados para afrontalos. Para conseguilo, conta cun grupo de Whatsapp ao que podedes unirvos e no que se comparte información sobre o tema. Podedes atopar máis información sobre a iniciativa na páxina web do noso colexio, na seguinte ligazón:
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvalleinclanoleiros/node/1765.
Así mesmo, o grupo de Oleiros está vinculado con outros que operan a nivel nacional, como _"Adolescencia Libre de Móviles"_ (que naceu en Poblenou, Barcelona). Este grupo solicitou que se difunda esta breve enquisa completamente anónima:
Con ela pretenden coñecer a opinión e realidade das familias con respecto á entrega, e xestión, dos smartphone aos nosos fillos e fillas. É importante cubrila porque servirá para crear unha folla de ruta estatal e contribuirá ao deseño de iniciativas que axuden a unha maior concienciación sobre os retos que afrontamos as familias.
Grazas por contribuir 😊.
Un saúdo,
Xunta Directiva da ANPA Valle Inclán.