Cerebro e pantallas · María Couso
April 27, 2024 at 12:12 pm
Queremos
dar as grazas a María Couso por aceptar a nosa proposta e impartir
esta formación para toda a comunidade educativa, con rigor
científico e profesionalidade, dende a empatía e a proximidade; ó
Concello de Oleiros e especialmente á Concellería de Ensino por
toda a colaboración prestada; ás ANPAs dos centros de ensino de
Oleiros, que están a traballar activa e conxuntamente con nós,
contribuíndo a facer comunidade; e por suposto a todos os
asistentes á formación, familias e docentes. Seguiremos informando
de novas actividades sobre este gran reto para toda a sociedade.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán