CONCEDIDA A SUBVENCIÓN DE COMEDOR DO CONCELLO DE OLEIROS · Curso 2023 2024
Estimadas familias,
Por acordo da Xunta de Goberno Local do Concello de Oleiros celebrada o 28 de novembro de 2023, á ANPA Valle Inclán foille concedida a subvención solicitada para a rebaixa do custo de comedor ás familias veciñas de Oleiros.
Grazas a esta axuda do Concello de Oleiros, xestionada pola Concellería de Cultura, no presente curso a ANPA Valle Inclán recibirá a contía de 13.416,60 €.
A totalidade do importe destinarase a reducir o custo de comedor, repercutindo directamente na rebaixa dos custes dos usuarios/as.
O cálculo dos importes individuais por alumno/a e curso foi realizado polo Concello e son os seguintes:
Asistencia de 5 días/semana 118,94 €
Asistencia de 4 días/semana 95,29 €
Asistencia de 3 días/semana 71,63 €
Asistencia de 2 días/semana 47,31 €
Asistencia de 1 días/semana 23,65 €
A ANPA Valle Inclán efectuará a distribución das cantidades individuais que corresponden a cada usuario/a en canto reciba o pagamento da subvención. Aínda está por determinar se o reparto será a través de cheque, transferencia bancaria ou rebaixa na cota.
Seredes informados de cada novidade. Moitas grazas pola vosa confianza e colaboración.
Queremos agradecer ó Concello de Oleiros esta medida de interese social que beneficiará a moitas familias do noso colexio.
Recibide un cordial saúdo.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán