Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISA

Grazas a todas e todos pola xornada de onte no Pleno do Concello de Oleiros

November 28, 2025 at 12:07 pm

Onte, no Pleno Municipal do Concello de Oleiros, a primeira intervención foi de todas as ANPA/AFA dos Centros de Educación Infantil e Primaria de Oleiros.

Lemos o noso manifesto para reclamar unanimemente á administración autonómica os recursos precisos para que os nosos coles funcionen con normalidade e cumpran cos estándares mínimos de calidade e de inclusión que a Lei contempla. Un manifesto que representa o sentir común das familias de Oleiros. Vestimos de negro para amosar o desamparo que sufre o ensino público.

👨‍👩‍👧 Grazas ás familias que fixeron o esforzo de asistir ás 20:00 h para acompañarnos.

🏫 Grazas ós Directores e Directoras dos CEIP que asistiron, así coma ós docentes dos colexios. Non puideron acudir todos, pero unha parte estivo alí, e a súa presenza significa moito para nós.

🤝 Grazas a aqueles partidos políticos que entenderon as nosas reclamacións e amosaron o seu compromiso coa educación pública.

💚 Grazas ó Concello de Oleiros, coma sempre, polo seu apoio firme polo ensino público de calidade. Grazas por brindarnos este espazo para reivindicar de viva voz e poder esixir que non se sigan vulnerando os dereitos dos nosos fillos e fillas.

Para todos os representantes das ANPA/AFA que asistimos onte foi moi importante comprobar esta unión entre todos nós nesta loita ante os responsables autonómicos que deben garantir unha escola pública digna, inclusiva e de calidade para todas as crianzas.

Seguiremos traballando ata conseguilo como comunidade educativa unida.


Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Recent Posts

  • 🧪👩‍🔬 CHARLAS DE DIVULGACIÓN CIENTÍFICA. Volve a Rialeda o programa "Ler para saber"
    16 Jan, 2026
  • O noso bosque
    14 Jan, 2026
  • Menú comedor segundo trimestre
    10 Jan, 2026
  • Felices Festas
    23 Dec, 2025
  • Reclamación individual falta de profesorado
    18 Dec, 2025
  • Enquisa: uso de pantallas en horario lectivo curso 2025 2026
    18 Dec, 2025
  • ANDAINA SOLIDARIA POLA NENA DE OLEIROS
    17 Dec, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more