"La crianza", por Erb Mon
June 12, 2025 at 9:09 pm
Xa coñecemos o título da pintura mural creada polo artista Erb Mon coa participación de todo o alumnado do CEIP Valle Inclán, grazas a un proxecto impulsado pola ANPA Valle Inclán: "La crianza".
Con este título o artista quere agasallar a todas as nais e pais da cativada do noso colexio.
Esta obra de arte xa forma parte do vínculo dos nenos e nenas coa súa escola e pertence a toda a comunidade.
Agradecidas de poder ter vivido esta experiencia.
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán