Convocatoria das prestacións de apoio ao comedor escolar para o curso 2025/2026
Estimadas familias,
Está aberto o prazo de presentación das solicitudes para a prestación de apoio a comedor escolar para o curso 2025/2026, este prazo finalizará o luns 30 de xuño.
Na Ordenanza de Medidas pola Inclusión Social do Concello de Oleiros (BOP 91 do 24/10/2024) está recollida, no seu Título IV, a prestación de apoio ao comedor escolar.
A ordenanza establece que o prazo ordinario de solicitude será no mes de xuño anterior ao inicio do curso escolar. Polo tanto, o prazo de presentación de solicitudes para a prestación de apoio a comedor escolar para o curso 2025/2026 iniciarase o luns 2 de xuño e finalizará o luns 30 de xuño.
Esta prestación está dirixida a cubrir o custo, íntegro (100%) ou parcial (60% ou 40%), da praza de comedor escolar dos centros públicos do Concello de Oleiros nos que o servizo de comedor é xestionado polas ANPAS e teñen asinado un convenio para a xestión destas prestacións coa concellería de Servizos Sociais e Igualdade.
A efectividade da prestación de apoio ao comedor escolar concedida estará sempre condicionada á dispoñibilidade por parte da ANPA de prazas no comedor de cada centro.
O importe da axuda farase directamente ás ANPAS, mes a mes, tras a certificación da asistencia ao comedor do alumnado beneficiario tal e como se establece nos convenios. Naqueles casos nos que a axuda non sexa íntegra, e sexa solo do 60% ou do 40%, a contía restante ata o coste íntegro do comedor deberá aboalo directamente a familia.
As familias beneficiarias deberán cumprir os requisitos xerais e económicos establecidos na ordenanza. Os límites de ingresos mensuais na unidade familiar, unha vez descontados os gastos establecidos na ordenanza en función dos conceptos e do número de persoas da unidade familiar, quedan recollidos na seguinte táboa.
Nº PERSOAS | AXUDA 100% | AXUDA 60% | AXUDA 40% |
LÍMITE DE INGRESOS | LÍMITE DE INGRESOS | LÍMITE DE INGRESOS | |
2 | 708,00 € | 1.308,00 € | 1.608,00 € |
3 | 840,00 € | 1.440,00 € | 1.740,00 € |
4 | 996,00 € | 1.596,00 € | 1.896,00 € |
5 | 1.068,00 € | 1.668,00 € | 1.968,00 € |
6 | 1.140,00 € | 1.740,00 € | 2.040,00 € |
7 | 1.212,00 € | 1.812,00 € | 2.112,00 € |
As solicitudes xunto coa documentación necesaria deberán presentalas nos rexistros establecidos a este efecto.
LUGARES DE PRESENTACIÓN DAS SOLICITUDES:
REXISTRO XERAL DO CONCELLO: Praza de Galicia 1 - Oleiros. Horario de 8.30 - 14.00h.
VILLA ECHEVERRY: Avenida Ernesto Che Guevara 45 - Perillo. Horario de 9.00 - 14.00h.
NA SEDE ELECTRÓNICA, NO APARTADO REXISTRO E NO TRÁMITE: Instancia tipo para solicitudes xenéricas de rexistro electrónico
Achegamos a LIGAZÓN á páxina web do Concello onde atopredes toda a información relativa a esta prestación (ordenanza coas bases completas, solicitude para a prestación e o Anexo I coas autorización necesarias).
Pregamos leades con atención as bases e os requisitos, e que asinen a autorización tódolos membros da unidade de convivencia. Así mesmo lembrade achagr a documentación necesaria parapode descontar os gastos recollidos na ordenanza.
Agardamos que esta información sexa do voso interese
Recibide un cordial saúdo
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán