Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISA

Festa Fin de curso 2024 2025

May 30, 2025 at 1:44 pm

Fiesta_fin_de_curso_2024-25__1_.png
Benqueridas familias:

O día venres 20 de xuño a ANPA Valle Inclán convídavos a súa Festa da Praia de Fin de Curso, organizada coa colaboración do concello e da escola.

Será pola tarde, entre as 16:00 e as 19.30 h. Toda a comunidade educativa da nosa escola poderá participar nesta festa para dar a benvida ó verán.

Lembrade que a partires das 16:00 h. non haberá monitorado para facerse cargo do alumnado, polo que as crianzas deberán vir acompañadas dun adulto que deberá supervisalas en todo momento, e farase responsable do que merenden durante a festa. Poderemos desfrutar dos espazos exteriores do colexio, pero non estará permitido o acceso ao invernadoiro. Pregamos a vosa colaboración para evitar que se repitan os incidentes das anteriores festas. 

Aquí tedes o programa da festa:

16:00 h.

- EXHIBICIÓN do alumnado de Acrodance, no pavillón.

- MOSTRA DE ARTE do alumnado de NósArte, no patio interior do edificio de primaria.

- MERENDIÑAS. Apertura dos postos de venda das familias de 6º de EP para recadar fondos para a viaxe de fin de curso.


16:30 h.

- ACTUACIÓN do alumnado de 6º Ed. Inf. " Verdiñ@s e Laranxiñ@s" para despedir a etapa de infantil, organizada polas súas titoras. O lugar da actuación será a pista de cores.


16:45 h.

- ACTUACIÓN DA BANDA “DÚO DENO”, formada por Kiko Reimúndez e Johnny Bello, que tocarán para nós versións de clásicos famosos, nas inmediacións do pavillón.


17:30 h.

- XIMCANA FAMILIAR

- XOGOS DE AUGA (RECOMENDABLE TRAER MUDA, TOALLA E CHANCLETAS!!)

- FOTOMATÓN (de 17.30 a 19.30)


DICÍMOSLLE OLA Ó VERÁN e queremos celebralo con vós!!! Atrevédevos a lucir os vosos mellores LOOKS para a praia.

Queremos ver moitas camisas de flores, pamelas, gorras, pareos, flotadores, chancletas, gafas de sol... e, en definitiva, os vosos outfits máis domingueiros e “horteras”.


AGARDÁMOSVOS!!!

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Recent Posts

  • Listaxe provisional das solicitudes da prestación de apoio ao comedor escolar curso 2025/2026
    12 Jul, 2025
  • Ampliación do prazo de solicitude do banco de libros para 3⁰ de primaria
    4 Jul, 2025
  • Inaugurada a exposición da Aula Verde!
    4 Jul, 2025
  • Aberto o prazo para facerse familia socia da ANPA Valle Inclán
    4 Jul, 2025
  • Inauguración exposición pintura da Aula Verde Infantil CEIP Valle Inclán
    1 Jul, 2025
  • Campamento de Ciencia 2025
    30 Jun, 2025
  • Exhibicións 18 xuño: HOCKEY - 20 xuño: ARTE e ACRODANCE
    17 Jun, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more