Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS

PINTURA MURAL COLABORATIVA CON ERB MON

May 28, 2025 at 5:20 pm
02_ig.jpg
01_ig.jpg

Estimadas familias,

Outro curso máis, a ANPA Valle Inclán quere agasallar a toda a comunidade educativa e acercar o arte a toda a cativada do noso colexio!

Como lembraredes, o curso pasado a compañía teatral N+1 actuou en fin de curso para todo o alumnado, achegando a arte circense ó cole Valle Inclán coa súa obra “Circanelo”.

Este curso contaremos con Erb Mon, artista plástico internacional especializado en murais de gran formato. O proxecto, organizado pola ANPA e concibido por Erb Mon, consiste na creación dun mural colaborativo na que vai participar todo o alumnado do centro baixo a súa dirección.

A zona escollida para levar a cabo esta pintura é o muro exterior do peche perimetral do colexio, un total de 325 m2 que acollerán as cores e as formas da súa obra, inspirada na natureza e que busca estimular a imaxinación de todos os que a contemplen.

Hoxe deu comenzo esta actividade, que persegue varios propósitos: hai un interese educativo, ó incluír ás crianzas na mellora e coidado da súa propia contorna, compartindo a experiencia creativa, ademais de prestar un servizo ó conxunto da veciñanza ó transformar un espazo de convivencia e facendo que a arte sexa útil, accesible e construtiva.

Durante as próximas semanas veredes traballar no muro ó artista Erb Mon e á súa asistente Eli. Todo o alumnado participará na execución da obra (467 nenos e nenas de infantil e primaria), acompañado dos seus titores e titoras en horario lectivo. Desfrutarán do proceso e moi pronto do resultado final, que estamos desexando contemplar.

Podedes coñecer algo máis deste artista e da súa obra mural premendo nas seguintes ligazóns:

https://erbmon.art/about/

https://erbmon.art/

A Xunta Directiva da ANPA quere agradecer a colaboración do CEIP Valle Inclán para levar a cabo esta actividade e por suposto ó Concello de Oleiros polo seu inestimable apoio e toda a axuda prestada neste proxecto, coma sempre, para promover un ensino público de calidade.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán



Recent Posts

  • Festa Fin de curso 2024 2025
    30 May, 2025
  • Convocatoria de asemblea extraordinaria 5/6/2025
    29 May, 2025
  • EXHIBICIÓNS FIN DE CURSO 2024 2025
    29 May, 2025
  • PINTURA MURAL COLABORATIVA CON ERB MON
    28 May, 2025
  • Encontro sábado 24/05/2025 Familias Inquedas
    23 May, 2025
  • Escola de familias 22/05/2025: "Acompañamento emocional na primeira infancia"
    20 May, 2025
  • O NOSO COLEXIO, ESPAZO SEN FUME
    19 May, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more