Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISA

UN PREMIO DE TOD@S!! GRAZAS E PARABÉNS!!

October 22, 2024 at 5:31 pm
Ler_para_saber_Web.jpg

Estimadas familias,

Dende a Concellería de Cultura do Concello de Oleiros trasládannos unha gran nova!

No día de hoxe, publicouse no DOGA a concesión do Premio á Innovación Bibliotecaria de Galicia ao Concello de Oleiros polo proxecto “Ler para Saber: a Ciencia”, presentado ao concurso pola Biblioteca Central Rialeda.

A Consellería de Cultura da Xunta de Galicia concede este premio, na categoría de concellos de máis de 10.000 habitantes, ao Concello de Oleiros por este proxecto, organizado pola Biblioteca Central Rialeda e polo Colexio Valle Inclán de Perillo, baixo a coordinación de Mariluz Corral Uzal e a profesora Fina Mosquera.

Para levar a cabo este proxecto é imprescindible a colaboración do profesorado, do alumnado e dos pais e nais de alumnos do CEIP Valle Inclán , así como dos diversos expertos nas diferentes materias que se tratan ao longo de todo o programa, os cales participan de xeito altruísta e gratuíto.

Énchenos de felicidade este recoñecemento ó gran traballo que se está a levar a cabo dende hai anos e queremos sumarnos ó agradecemento e felicitación que trasladan dende o Concello, en primeiro lugar, a Fina Mosquera: é un privilexio e unha ledicia poder contar cunha persoa coma ela no noso cole. E por suposto, a todos os mestres, alumnado, familias e poñentes participantes no proxecto ao longo destes anos. 

Grazas e parabéns!


Recent Posts

  • Inauguración exposición pintura da Aula Verde Infantil CEIP Valle Inclán
    1 Jul, 2025
  • Campamento de Ciencia 2025
    30 Jun, 2025
  • Exhibicións 18 xuño: HOCKEY - 20 xuño: ARTE e ACRODANCE
    17 Jun, 2025
  • "La crianza", por Erb Mon
    12 Jun, 2025
  • ARTE MURAL NO COLEXIO
    11 Jun, 2025
  • Exhibicións 13 xuño: ROBÓTICA - ESTREA TEATRO MUSICAL "ANNIE"
    9 Jun, 2025
  • Enquisa: uso de pantallas e EDixgal
    3 Jun, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more