Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISA

INFORMACIÓN PROGRAMA FAMILIAS INQUEDAS · Concello de Oleiros

September 16, 2024 at 2:37 pm

CARTEL_SEMINARIOS_OUTONO_24_FAMILIAS_INQUEDAS__1_.jpg

O Concello de Oleiros organiza para o outono 2024 un ciclo de seminarios, enmarcados no Programa de Familias Inquedas, co fin de ofrecer ás familias de Oleiros novas ferramentas, habilidades e capacidades para, dende un enfoque preventivo e dirixido a toda a comunidade, mellorar a convivencia nas familias e proporcionarlles recursos nos que apoiarse no momento da crianza das súas fillas e fillos.

Os seminarios están orientados ao apoio emocional nas distintas etapas dos 0 aos 18 anos, aínda que tamén hai contidos orientados á mellora da comunicación, ao fomento da autoestima e ao desenvolvemento das súas capacidades.

O formato destes seminarios está dividido en varias sesións para que as persoas participantes, pouco a pouco, vaian interiorizando estes novos enfoques e habilidades na crianza: a empatía, a igualdade, a confianza... A dinámica é similar aos obradoiros levados a cabo en anos anteriores.

Para impartilos vaise contar con profesionais que garanten non só experiencia e coñecemento na materia, senón tamén gran capacidade de comunicación e conexión emocional coas familias para garantir o necesario e desexado impacto transformador nas vidas desas persoas.

Son un total de 4 seminarios totalmente gratuítos: 2 orientados de forma xeneral ao benestar emocional na infancia e na adolescencia, na liña dos que se viñan desenvolvendo en anos anteriores; e outros 2 con contidos mais específicos como apoiar o empoderamento na etapa escolar e o apoio ás familias cun diagnóstico TEA.

Os seminarios teñen formatos e intensidades distintas e desenvolveranse nas dependencias de Servizos Sociais en Villa Echeverry en Perillo.

As inscricións serán a través da web municipal no apartado PARTICIPA/ACTIVIDADES SOCIALES a partir do martes 17 de setembro ás 09:00 h e ata o domingo 22 ás 23:59 h. Cada persoa, de forma individual, ten que realizar unha inscrición en cada seminario no que desexe participar.

Enlace: 

https://www.oleiros.org/es/actividades-sociales/-/asset_publisher/Zy1pF827NYjN/content/id/1339615

Agardamos que sexa do voso interese.

Xunta Directiva ANPA Valle Inclán

Recent Posts

  • Inauguración exposición pintura da Aula Verde Infantil CEIP Valle Inclán
    1 Jul, 2025
  • Campamento de Ciencia 2025
    30 Jun, 2025
  • Exhibicións 18 xuño: HOCKEY - 20 xuño: ARTE e ACRODANCE
    17 Jun, 2025
  • "La crianza", por Erb Mon
    12 Jun, 2025
  • ARTE MURAL NO COLEXIO
    11 Jun, 2025
  • Exhibicións 13 xuño: ROBÓTICA - ESTREA TEATRO MUSICAL "ANNIE"
    9 Jun, 2025
  • Enquisa: uso de pantallas e EDixgal
    3 Jun, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more