Segue aberto o prazo para inscribirse nas ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES
Benqueridas
familias,
Como sabedes, segue aberto o prazo para inscribirse nas actividades extraescolares da ANPA Valle Inclán.
A súa realización está suxeita a acadar o número mínimo de alumnado inscrito, polo que vos animamos a anotarvos canto antes a fin de poder organizar correctamente o inicio de curso.
Por outra banda, debido a un erro, o prezo da actividade de TEATRO MUSICAL non figuraba correctamente na web e en Instagram. O custo da mesma é de 25€/mes por hora e media de clase semanal (venres de 16:00 a 17:30 horas). Desculpade as molestias.
Lembrámosvos a proposta de actividades:
-
Baloncesto con Esproade e Club Basket Montrove
-
Hockey con Club de Hockey Oleiros
-
Balonmán con Club Balonmano Atlántico
-
Música e movemento con Modum Escuela de Música
-
Teatro musical coa Escola Galega de Teatro Musical
-
Robótica con Robotix
-
Yoga con Isa Veiga
-
Patinaxe e Xogos de mesa con Activa
-
Arte con Nosarte
-
Pequechef, Ludoteca e Ponte ao día
con Jumpingkids
-
Multideporte e Acrodance con Sadanza.
Lembrade que para inscribirse nas actividades é preciso ser familia socia da ANPA.
Para
darse de alta ou para renovar a inscrición, debedes rexistrarvos na
plataforma de Miampa (se non o fixestes o ano anterior), pagar a cota
de 35€ por familia e enviar o xustificante da transferencia. Tedes
máis información no apartado ANPA
VALLE INCLÁN do menú de MiAmpa e
na web da asociación na seguinte ligazón:
https://anpa-valle-inclan.mozello.com/faite-soci/
Un saúdo,
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán