Convocatoria de prestación de apoio ó comedor escolar do Concello de Oleiros - curso 2024 2025
Prezadas familias,
Como xa vos adiantamos, a partir deste curso escolar, as axudas municipais ás familias do Concello de Oleiros para comedores escolares vanse unificar nunha sola convocatoria da que será responsable a concellería de Servizos Sociais e Igualdade.
Estas axudas serán reguladas nunha ordenanza que foi inicialmente aprobada polo Pleno a semana pasada pero que non entrará en vigor ata a súa aprobación definitiva, previsiblemente a finais de agosto.
Por este motivo, de forma excepcional para este curso 2024/2025, as prestacións de apoio a comedores escolares do Concello de Oleiros fanse a través dunha convocatoria única, cos mesmos contidos que se recollen na ordenanza, que saíu hoxe, 04/06/24, publicada no BOP.
Toda a información e o modelo de solicitude están dispoñible na web do Concello de Oleiros. Podedes acceder premendo na seguinte ligazón:
O obxectivo de sacar esta convocatoria é que ao inicio do curso escolar todas as familias solicitantes poidan coñecer se son ou non beneficiarias das axudas e o importe destas, Se se agardara pola aprobación definitva da ordenanza sería imposible resolver o procedemento antes desa data.
Ao saír hoxe publicada ábrese un prazo de dez días hábiles para presentar as solicitudes, que se inicia mañán 5 de xullo e que remata o 18 de xullo (ambos incluídos).
Agardamos que esta información sexa do voso interese.
Un saúdo
Xunta Directiva ANPA Valle Inclán