Skip to main content
  • NOVAS
  • Quenes somos
    • Estatutos
    • O noso logo
    • Asembleas
      • Formulario para representación na asemblea
    • Memorias e programacións
    • O noso colexio
    • Consello Escolar
    • Comisións e grupos de traballo
    • Donazóns e patrocinios
  • FAITE FAMILIA SOCIA
  • Servizos
    • Mañanceiros, comedor e cambiadores
    • Menús comedor escolar
    • Actividades extraescolares
    • Banco de libros da ANPA
    • Formularios
  • Contacto
  • AVISO LEGAL
  • PROTECCIÓN DE DATOS
  • ENQUISA

Jardanay obtén a ISO 22000 de seguridade alimentaria

April 18, 2022 at 10:13 pm, No comments
Ola a todas e todos

Queriamos compartir convosco unha boa nova que nos fai chegar Jardanay, a empresa que suministra a comida transportada no noso comedor escolar.

A cociña central de Jardanay obtivo a acreditación de seguridade alimentaria ISO 22000, a certificación internacional que especifica os requisitos de seguridade que deben cumprir as empresas para garantir que os alimentos cheguen ao consumidor en perfectas condicións.

Superaron a auditoría externa concedida por esta ISO, a máis importante do noso sector, demostrando a calidade do sistema de seguridade alimentaria que aplican durante os procesos de elaboración de alimentos na cociña central, tanto en liña quente como en liña fría. 

Cómpre sinalar que tamén se recolleron na certificación os procesos asociados á elaboración de dietas especiais para alerxias/intolerancias e a boa xestión dos alérxenos e as medidas postas en marcha para evitar posibles contaminacións cruzadas.

Tamén conseguiuse o recoñecemento de calidade de seguridade alimentaria ISO 22000 para o transporte e distribución de comidas aos diferentes centros así como para o sistema de servizo de comidas nos comedores.

Esta acreditación é un recoñecemento ao esforzo e traballo dos diferentes equipos que conforman Jardanay, dende a cociña ata a distribución e o servizo á infancia. 

Por iso queremos dar a noraboa a todos os traballadores e traballadoras de Jardanay !!! 




No comments

Leave a reply







Recent Posts

  • Reparto de libros do banco da ANPA
    24 Jul, 2025
  • Listaxe provisional das solicitudes da prestación de apoio ao comedor escolar curso 2025/2026
    12 Jul, 2025
  • Ampliación do prazo de solicitude do banco de libros para 3⁰ de primaria
    4 Jul, 2025
  • Inaugurada a exposición da Aula Verde!
    4 Jul, 2025
  • Aberto o prazo para facerse familia socia da ANPA Valle Inclán
    4 Jul, 2025
  • Inauguración exposición pintura da Aula Verde Infantil CEIP Valle Inclán
    1 Jul, 2025
  • Campamento de Ciencia 2025
    30 Jun, 2025

Created with Mozello - the world's easiest to use website builder.

Create your website or online store with Mozello

Quickly, easily, without programming.

Report abuse Learn more